Páginas

Biblioteca escolar

12/2/22

Empoderamos ás mulleres e ás na nenas científicas!

Como cada 11 de febreiro conmemoramos o Día Internacional da Muller e Nena na Ciencia. Este ano e da man da Área de Responsabilidade Social e Cooperación da Universidade de Vigo chegou ao noso centro a exposición BRAVXS, onde "a través destas caretas ilustradas por Marta Riera, exprofesora da Facultade de Belas Artes, a Universidade de Vigo pretende darlles visibilidade a mulleres científicas, investigadoras e inventoras con traxectorias vitais paradigmáticas nas que se observan trazas de inxustiza e discriminación no ámbito da ciencia (o chamado «efecto Matilda»), pese á importancia e á relevancia das súas achegas e descubrimentos.
Lynn Petra Alexander, primeira doutora honoris causa da Universidade de Vigo; Ángela Ruiz Robles, profesora ferrolá e deseñadora do primeiro prototipo de libro electrónico; Ada Lovelace, inventora da linguaxe de programación; Jane Goodall, primatóloga que revolucionou esta disciplina grazas ás súas observacións e análises; Hedy Lamarr, inventora da wifi; Jocelyn Bell, descubridora dos pulsares ou Rosalind Franklin, clave no descubrimento do ADN, son algunhas destas destacadas e fantásticas mulleres científicas e investigadoras" 

Moitos dos nosos cursos pasaron pola exposición para tomar boa nota da vida, da obra e do exemplo destas mulleres (entre outras moitísimas que tamén forman parte da nosa historia pasada e actual) co fin de telas como referente para futuras vocacións científicas, tal necesarias na sociedade que vivimos hoxe en dñia.




No hay comentarios:

Publicar un comentario