No CEIP Rosalía consideramos que a formación e a actualización educativa para o noso profesorado é un tema chave para dar resposta á realidade cada vez máis diversa do alumnado que acollee o noso centro.
Hoxe máis de sesenta asistentes, entre os que se contaban nais e pais, profesorado de distintos centros de toda a provincia e xente involucrada no trato día a día con este alumnado, asistiron á charla coloquio impartida pola Dra Dagmar Gabriela Nedelcu cun curriculo moi amplo (que pode ser consultado neste enlace) sobre este tema tan de actualidade.
Foron máis de dúas horas de encontro, onde a ela abordou tanto as bases teóricas deste transtorno, como as estratexias a levar a cabo por parte de familias e docentes para acadar uns mellores resultados académicos e, o que é moitísimo máis importante, unha inclusión no maior grado posible destes nenos e nenas na escola e na sociedade na que conviven. Asemade, a doutora contestou á todas as dúbidas propostas polos asistentes dos casos particulares aos que se enfrontan de xeito cotiá.
Contamos con que esta sexa a primeira de máis charlas onde abordar problemas e situacións cotiás que vivimos día a día na nosa escola e ás que tratamos de dar a mellor contestación posible que estea nas nosas mans.