Páginas

Biblioteca escolar

21/12/20

Felicitando as festas ás nosas persoas maiores...

 Hoxe foi unha mañá chea de fortes emocións. O alumnado de quinto de Ed. Infantil foi a felicitar estas festas ás nosas tan queridas persoas maiores da Residencia de Maiores "Santa Mariña" e do Centro de Día do noso concello. Debido á situación actual este encontro tívose que producir con certa distancia e temos que resaltar o comportamento exemplar de todas as persoas que nesta actividade participaron. Pais, nais, usuarios e traballadores de ambos centro e, por suposto, o noso alumnado, respectaron escrupulosamente todas as medidas de distancia social e fixeron desta mañá un momento de encontro entre xeracións moi emotivo e cargado de fortes sentimentos. 

Aproveitaron tamén para achegarse a felicitar estas datas ao membros do acuartelamiento da Garda Civil da nosa vila, que recibiron encantad@s esta visita.

A estes tres colectivos faranlles chegar en breves datas as postais de felicitación en formato dixital nas que durante estes derradeiros días estiveron traballando e que por motivos de seguridade sanitaria non lles puideron entregar en man.

Como ben figura na entrada da Residencia de Maiores "Santa Mariña", "Ganaremos esta batalla" e nos vindeiros anos seguro que xa poderemos voltar a ver como as distintas xeracións da nosa sociedade fúndese nunha grande aperta de cariño e respeito! Boas Festas para tod@s!!

 

infantil_nadal - Kizoa Movie Maker

No hay comentarios:

Publicar un comentario