Páginas

Biblioteca escolar

3/9/20

Protestando por termos aulas con 25 e 24 alumn@s, a non renovación dunha praza habilitada para poder desdobrar coa que si contabamos estes cursos pasados e que agora nos quitan

O curso pasado en terceiro de primaria poidemos facer tres grupos cun número moi axeitado de alumnado: 17, 16 e 16. Porque contabamos cunha praza habilitada que nos permitía desdobrar os niveis máis numerosos e atender mellor as necesidades educativas especiais. Este ano xa non nos habilitaron esta praza, tendo que recompoñer as tres aulas en dous grupos de 25 e 24 alumnos. Seica non se chama "supresión" porque non existe esa praza no catálogo.  Ok. Hai que dicir que non habilitaron esa praza, que si fixeran o curso pasado, tendo o mesmo número de alumnado e xusto neste momento coa situación xenerada pola pandemia. A realidade é moi teimuda. Podemos cambiar as palabras coas que a designamos. Feito. Agora mudemos a realidade que é do que se trata.
  



Os membros abaixo asinantes do Claustro do profesorado do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, despois da reunión deste órgano de goberno celebrada o pasado día dous de setembro de 2020, queren manifestar:
1. A súa máis profunda preocupación e rexeitamento á decisión tomada por parte desa Xefatura Territorial de non habilitar unha praza de Educación Primaria como se viña facendo nos  cursos anteriores para poder desdobrar aqueles niveis máis numerosos, e así poder traballar cun rateo que garantira unha educación pública de máis calidade. Este feito parece moito máis incongruente neste curso onde, debido á pandemia causada pola COVID 19, fai máis necesario que nunca non ter grupos numerosos para poder contar coas debidas condicións necesarias de seguridade, respectando as distancias implantadas polo Protocolo ditado pola Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidade.
2. A súa reclamación para que sexan habilitadas neste centro DÚAS UNIDADES de Educación Primaria que permitan desdobrar os dous niveis onde contamos con corenta e nove e corenta e oito nenos e nenas, para así ter un rateo axeitado para poder cumprir as medidas anteriormente citadas.
En Xinzo de Limia, a dous de setembro de 2020

https://www.dendealimia.com/articulo/xinzo-de-limia/educacion-amortiza-praza-dun-mestre-obriga-ao-ceip-rosalia-castro-concentrar-mais-cativos-nas-aulas/20200903213813022797.html 

OS PROFESORES COMEZARON ESTE XOVES UNHA SERIE DE CONCENTRACIÓNS PARA PROTESTAR POLA DECISIÓN DA XEFATURA TERRITORIAL

Educación amortiza a praza dun mestre e concentra a máis cativos nas aulas do Rosalía de Castro de Xinzo

Cando mesmo na capital de Ourense veñen de restrinxir o número de asistentes a unha concentración de persoas, no CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, os seus mestres comezaron as protestas pola orde da Xefatura Territorial de amortizar a praza dun profesor que os obriga a contar cun maior número de alumnos nas aulas

 

Dende a Limia

XOSÉ LOIS COLMENERO3 DE SEPTIEMBRE DE 2020, 21:38

Todos os días desta e da vindeira semana concentraranse os mestres do Centro de Educación Infantil e Primaria Rosalía de Castro para facer visible o seu rexeitamento á decisión de Xefatura Provincial da Consellería de Educación de deshabilitar unha praza dun profesor que lle permitía á institución académica contar con tres grupos en Terceiro, de 17, 16 e 16 en vez dos 25 e 24 dos dous cos que quedará a escola neste curso. 
Xustifícanse dende a Consellería en que amortizando esa praza mantéñense os ratios máximos fixados por aula, de 25. Condición que discute o claustro dos mestres e polo que veñen de iniciar esas mobilizacións: "Queremos amosar a nosa máis profunda preocupación e rexeitamento á decisión tomada por parte desa Xefatura Territorial de non habilitar unha praza de Educación Primaria como se viña facendo nos  cursos anteriores para poder desdobrar aqueles niveis máis numerosos, e así poder traballar cun rateo que garantira unha educación pública de máis calidade", din no documento asinado polos mestres. 

A decisión administrativa é todavía máis discutible dado o actual estado de alarma sanitaria que prevé as "mínimas concentracións posibles, sen ir máis lonxe, na capital de Ourense non se poden facer xuntanzas de máis de dez persoas, e curiosamente dende a Xunta concentran a máis alumnos nas aulas", di un dos profesionais da ensinanza. 

Cando o estado de alarma sanitaria prevé na capital de Ourense, por exemplo, mínimas concentracións de persoas, cun máximo de 10 integrantes, a Consellería de Educación reduce o número de mestres e concentra a máis cativos nas aulas de Xinzo, din os mestres.

"Cremos", din no documento que asinaron, que "este feito parece moito máis incongruente neste curso onde, debido á pandemia causada pola COVID 19, fai máis necesario que nunca non ter grupos numerosos para poder contar coas debidas condicións necesarias de seguridade, respectando as distancias implantadas polo Protocolo ditado pola Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidade", conclúen.

A carta asinada xa foi remitida á Xefatura Provincial da Consellería de Educación, a que lle solicitan que reconsidere a decisión de amortización desa praza. "Se non nos escoitan, estou seguro que teremos o apoio das nais e pais dos cativos para continuar cas concentracións e mobilizacións". 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario