Páginas

Biblioteca escolar

19/9/20

LUNS 21 ÁS OITO E MEDIA DA TARDE: ABRAZO Ó CEIP ROSALÍA. ESPERÁMOSTE!

LUNS, 21 ás 20.30h IMOS RODEAR O COLEXIO POR SE AÍNDA NON SE ENTERARON QUE TEMOS O MELLOR DENTRO E QUE NOS IMPORTAN AS NENAS E OS NENOS  


 Levamos desde a primeira semana de setembro saíndo todos os días ás 12h. uns cinco minutos simbólicos para facer visible o noso rexeitamento a unha decisión, entendemos que mal tomada, dadas as circunstancias coas que estamos convivindo polo covid. Decisión de non volver habilitar unha praza que tiñamos o curso pasado e obrigarnos así a ter que xuntar en dúas aulas de 25 e 24 o alumnado que estaba en tres con 17, 16 e 16. 
 Uns días máis xente e outros menos pero todos os días representación de pais (ANPA), profesorado, corporación municipal e veciñanza. E como parece que aínda non se enteraron os responsables de tal atentado xa non só contra unha educación que merecemos senón e tamén contra a nosa saúde, este pasado venres acordamos citar a todas as familias e veciñanza o luns ás 8.30 da tarde a rodear o colexio, sempre gardando a distancia de seguridade (que non podemos gardar nalgunhas aulas porque temos 23, 24 e 25 alumnos/as).
Así que recollendo o símil do abrazo ó río Limia que dende hai máis dunha década vimos facendo tanto aquí como en Ponte da Lima imos abrazar o CEIP Rosalía de Castro para ver se desta se enteran; parece ser que só teñen repercusión as fotos con moita xente e que esteamos só 10, 20 ou 50 non é impactante. 
Animamos pois a todas as persoas de ben, que entenden que a loita non é só para as familias afectadas por este agrupamento; é para toda a comunidade educativa e diría máis é para todas a vila, teñen ou non hoxe fillos/as no Rosalía. Como moi ben recolle un dito africano "fai falla todo un pobo para educar un neno/a."    

No hay comentarios:

Publicar un comentario