Páginas

Biblioteca escolar

9/3/20

Teatro, ruta cultural e Comisaría de Policía... Non paramos!!

Hoxe, o alumnado de terceiro e cuarto de educación Primaria asistiron á posta en escea de "Nana para un soldado". Esta obra, relata o encontro de dous soldados inimigos no frente, que terán que deixar a un lado as súas diferencias para facerse cargo dun pequeno imprevisto, o nacemento dun neno. Algo tan forte como é a guerra e a morte, e por outro lado, un nacemento, a vida, para facer unha reflexión sobre o absurdo das guerras e o necesario que é entenderse, escoitarse e respectarse.
Con grandes doses de humor e rodeados dun ambiente lírico, Ghazafelhos desenvolve unha das historias que non deixa indiferente a ninguén, e propón unha serie de actividades e recursos para que o profesorado de Educación Primaria utilice para abordar o tema nas aulas, sendo conscientes da necesidade dunha educación para a paz e a non violencia, baseada na igualdade de oportunidades e na diversidade enriquecedora das persoas, así como da eliminación de barreiras e fronteiras, por desgracia, tan de rabiosa actualidade.
Posteriormente, o alumnado de terceiro desprazouse ata a Comisaría da Policía Nacional en Ourense, onde Lorena amosounos toda a instalación e aprendemos un montón de cousas (tocamos o que é a defensa, o chaleco antibalas...) Estivemos no cuarto de reseña, calabozos (onde había dous detidos): teñen audio e cámaras; na oficina de denuncias, na exposición policial e no garaxe. Unha experiencia fantástica!
Por outra banda o alumnado de cuarto fixo un percorrido cultural polo casco histórico da cidade acompañad@s por Jose Ramón, técnico municipal da Oficina de Turismo de Ourense. Camiñamos polas estreitas rúas de Ourense, coñecimos un pouco mellor a Praza Maior, a Catedral e, por suposto, rematamos nas Burgas, emblema da cidade. Contar cunha visita guiada así, foi todo un luxo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario