Páginas

Biblioteca escolar

21/3/20

Naceron os primeiros pitiños no Ceip



   Hoxe 21 de marzo saíron os primeiros poliños. Se o curso pasado tivemos a posibilidade de ver os nacementos de moitos deles na incubadora (esperemos que este curso tamén) neste segundo trimestre levamos para o galiñeiro do Centro unhas galiñas (tres, con dous galos) e unha parella de coellos. Unha das intencións era ver chocar as galiñas así que estimulamos que se "deitaran" pronto e así foi. Dende a semana posterior ó entroido a primeira das galiñas estaba chocando.  
   Puidemos vela metida no niño cando entrabamos a botarlle de comer a todas e antes da suspensión das clases seguimos preparando a horta. Engado unhas fotos de cando puxemos verzas, leitugas, espinaca... (para termos verdura para estos animais) quitamos as herbas malas e xa preparamos dous bancais (socalcos) para poñermos o plantío que temos nas aulas: tomateiras, pementeiras, cabaceiras, cabaciñas, acelgas. Xa transplantei algo disto pero cando veñan as xeadas...
  Agora temos tamén, desde esta pasada semana, a outra galiña chocando. E nuns días abrirémoslle a esta niñada para que saia da gaiola. Así que paciencia porque toca seguir na casa e moito ánimo porque xa queda menos.    




No hay comentarios:

Publicar un comentario