Páginas

Biblioteca escolar

25/3/20

Escoitaches o cuco?

Entre marzo e abril sae o cuco do cubil.
O cuco no abril vive, e no maio revive.
Ós comenzos de abril o cuco ten que vir; e se non volveu, ou prendérono ou morreu.
Se marzo acabou e o cuco non chegou, algo ó cuco lle pasou. 
Que di o cuco cando canta?
Mentres a femia emite un burbullar coma dicindo “pupupupu”, o cuco macho emite un sonoro "kukú". Cada lingua ten as súas interpretacións sobre o canto do cuco. En galego, por exemplo, dise que di: -Cucú-Tapa o cu-Tapa o cu (Lence 2000)

E a bubela? Xa chegaron as anduriñas? ...

Velaquí un enlace de interese  https://coneixelriu.museudelter.cat/es/aves.php  para escoitar, aprender a recoñecer o canto dos paxaros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario