Páginas

Biblioteca escolar

7/3/20

Coñecemos un pouco máis as nosas institucións

Aproveitando o programa "Coñece as túas institucións" da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o alumnado de quinto de Educación Primaria visitou o Edificio Administrativo de San Caetano da Xunta de Galicia e o Parlamento Autonómico en Santiago de Compostela. Temos que agradecer o trato recibido polas persoas que nos acompañaron nestas visitas, que nos explicaron dun xeito moi didáctico o funcionamento destas dúas institucións e respostaron dun xeito moi paciente a todas as cuestións e inquedanzas que lle propuxo o noso alumnado.

Aproveitamos a xornada para visitar tamén o Centro Galego de Arte Contemporánea, onde vistamos as dúas exposicións que a día de hoxe están alí presentes,  Museo (do ermitán) Man e "Crebas" de Francesc Torres. Despois fixemos un taller moi dinámico e interesante sobre o aproveitamento das "crebas" (todo aquel material de refugallo que o mar devolve ás nosas costas) fío conductor, tamén, das dúas exposicións que visitamos, cocienciándonos da importancia do coidado do noso medio natural.

En resumo, un día intenso, cheo de vivencias e aprendizaxes que enriqueceron, sen dúbida, o vagaxe vital do noso alumnado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario