Páginas

Biblioteca escolar

20/2/20

Deseña unha xoia para a túa nai

Convocatoria XI certame 

A Federación Galega de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros, en colaboración co Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (Coxga) convoca o XI Certame "Deseña unha xoia para a túa nai", dirixido  a escolares de educación infantil e primaria de Galicia, con idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos (inclusive), con ocasión da celebración do Día da Nai.

Esta iniciativa, que acadou un gran éxito nas pasadas edicións, ten como obxectivo impulsar a expresión artística dende unha idade temperán e despertar nos nenos e nas nenas a curiosidade polo mundo do deseño, ademais de achegar ó conxunto da sociedade unha profesión de gran arraigo e tradición en Galicia.

Ademais, este divertido proceso de creación, que culmina coa execución dos deseños gañadores polos nosos profesionais, permítelle ós pequenos deseñadores ver unha aplicación práctica á súa creatividade, servindo de apoio á súa formación.

Como os pasados anos, este ano temos por toda Galicia unha pequena rede de Establecementos Colaboradores nos que se poden recoller os dípticos para participar e tamén entregalos co deseño realizado. Estes establecementos encárganse de facer chegar á oficina do COXGA, a tempo, todos os dípticos participantes para que os valore o Xurado.

O establecemento colaborador que está máis preto de nós é o de María Lazuli en Allariz

María GomesPaseo de Porto Bello, 25Allariz(Ourense)988 442 597

As bases completas do concurso poden consultarse premendo aquí.
Os dípticos de participación tamén poden descargarse premendo aquí.
A data límite para presentar un deseño é o venres 27 de marzo 2020.
Os deseños finalistas do ano pasado poden consultarse todos premendo aquí.
Os deseños gañadores e as xoias realizadas do ano pasado poden consultarse premendo aquí.
Pinchando aquí pódese ver un vídeo de todo o proceso do Certame.

No hay comentarios:

Publicar un comentario