Páginas

Biblioteca escolar

6/2/20

Anxo Moure, mañá na charca dos libros

Pois si, mañá venres 7 teremos durante toda a xornada sesións de contacontos para todos os niveis na nosa biblioteca. Estará con nós o amigo Anxo Moure.
Dicir Anxo Moure, o carballo con botas, é dicir Contos Solidarios: 

Contos Solidarios é un proxecto cultural, medioambiental e de solidariedade promovido polo contacontos galego Anxo Moure, que dende o ano 1989 percorre as terras de GalizaAsturiasPortugalO Bierzo..., contando historias solidarias coa terra e coas persoas que a habitan.

Contos Solidarios defende o conto como ferramenta educativa, de sensibilización e loita para construír un mundo en harmonía co ecosistema e garante da xustiza social.

Contos Solidarios leva xa máis de 6.600 sesións de contacontos en perto de 1.200 centros escolaresbibliotecas, e tamén en espazos abertos como bosquesparquesprazasríos... superando xa os 300.000 participantes, dende nenas e nenos de 0 a 3 anos ata os nenos maiores de ata 100 anos.

Contos Solidarios transforma o conto en bosque coa plantación de miles de árbores autóctonas ao longo destes anos e transforma o conto en solidariedade coa entrega de bicicletas e material escolar en proxectos de cooperación en máis de 30 países de America Latina, Asia e Africa.
Contos Solidarios é unha proposta aberta a todas e todos os que queirades participar a través dun feixe de actividades diversas, dende achegarvos a escoitar un contiño enriba dunha árbore dentro dos Contos na Casa das Árbores, coñecer aos carballos que nacen dentro de botas vellas para transformarse en contos que lle dean vida ao bosque dentro das historias do Carballo con Botas, ata convidar á Ciclobiblioteca á vosa escola, vila, pobo ou mesmo á vosa casa para que roden contos e cantos e se espallen en liberdade.




No hay comentarios:

Publicar un comentario