Este ano toda a comunidade educativa do CEIP Rosalía de Castro conmemoramos o Día Internacional pola Paz trasladándonos ata a Praza Maior de Xinzo de Limia, onde dúas compañeiras, en representación de tod@s nós leron este "Manifesto pola Paz":
Hoxe, 30 de xaneiro, estamos aquí reunidos para celebrar o
Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Con este acto queremos
manifestar o noso rechazo a toda forma de violencia nas nosas aulas, no noso
patio, no noso cole, na nosa vila e no mundo. Queremos renovar unha vez máis o
noso compromiso pola Paz.
Pero… que é a Paz?
Pero… que é a Paz?
É a capacidade que temos os seres humanos para vivir en calma,
con sosego. Non significa soamente ausencia de loitas, implica tamén vivir nun entorno libre de toda forma de violencia.
Conseguila non é cousa dun só día, senón que cada día todos e
todas temos que poñer o noso gran de area e alzar as nosas voces para esixir
Paz.
Por moi insignificante que nos pareza o noso esforzo, cada un
de nós é a gota de auga que pode apagar o lume da violencia. Xuntos podemos
cambiar as cousas.
Para conseguir Paz temos que respectarnos uns a outros, temos
que respectar as opinións dos demais, as súas crenzas, a súa cultura… porque a
base da Paz é o respecto e a tolerancia.
Todos e todas temos que intentar mellorarnos a nós mesmos
para conseguir ese obxectivo que temos en común.
Como di Juanes na súa canción….
Posteriormente, signamos a canción de Juanes "Paz" como símbolo de integración co maior número de persoas no mundo...
Día Moi especial que seguro que permanece por moito tempo na nosa memoria.... Moitas grazas ao Concello de Xinzo de Limia, Policía Local e Protección Civil pola súa colaboración na organización e seguimento deste día.