Páginas

Biblioteca escolar

27/11/19

S. José de Calasanz, fundador das escolas populares e gratuítas


No día de hoxe, 27 de novmebro. celebramos a S. José de Calasanz. A maioría da xente que traballamos en educación, mesmo os da escola pública, descoñecemos esta interesante figura.
Biografía
José de Calasanz naceu en Peralta de la Sal, un pequeno pobo situado na actual provincia de Huesca, en 1557. Con doce anos, José deixa o seu pobo para estudar no colexio dos pais Trinitarios de Estadilla, a uns 20 Km. Ao cumprir os catorce anos, José de calasanz manifesta a decisión de facerse sacerdote. É ordenado sacerdote en 1583, aos 25 anos. Calasanz vaise a Roma en 1592. Antes de cumprir os 6 anos da súa estancia en Roma, o río Tíber, desbórdase, provocando a máis catastrófica inundación do século. Como resultado desta, centenares de familias pobres quedaron sen teito, sen alimentos e hai máis de dous mil mortos. Calasanz, con gran integridade, traballa infatigablemente na operación de axuda aos afectados.
Intégrase en Roma nas denominadas Confrarías, asociacións que se dedicaban á caridade. Co tempo, os nenos pobres daqueles barrios romanos converteranse no seu principal punto de atención.
Froito deste descubrimento, comeza a pensar en crear unha escola gratuíta aberta a todos os nenos, especialmente aos máis necesitados. Non todos aos que lles propuxo a idea vírona con bos ollos. E entón decide lanzarse só á aventura. E cara o 1597, na sancristía dunha igrexa que adoitaba visitar, Santa Dorotea, no Trastévere romano, comeza a primeira escola gratuíta de Europa.
Ao principio os alumnos non eran moitos, co tempo a idea foise dando a coñecer e coa axuda de sacerdotes e algúns laicos, co diñeiro que lle dan uns e outros, as escolas foron crecendo. A Igrexa de San Pantaleón converterase na primeira escola estable de Calasanz. A primeira escola cristiá, popular e gratuíta.
Calasanz nunca volveu á súa terra. quedou definitivamente en Roma ata a súa morte en 1648. E desde alí a súa obra foi esparexéndose por todo o mundo.

Cadro de Goya
Pensamento espiritual e pedagóxico
A longa vida de San José de Calasanz ocupa practicamente a segunda metade do século XVI e toda a primeira parte do XVII. Persoa aberta á realidade circundante, recibiu o impacto das ideas e problemas que lle rodeaban, e co seu compromiso persoal, contribuíu ao progreso das ideas e á solución dos problemas. Pódese afirmar que, xunto con outros dos seus contemporáneos, foi protagonista -aínda que pouco coñecido- da transición do renacemento á modernidade.
Na formación espiritual de Calasanz moito influíron as correntes renovadoras do século XVI en España, personificadas nalgúns autores ascéticos e místicos como Juan de Ávila e Teresa de Jesús.
Foi precisamente a partir da dedicación de Calasanz á educación dos fillos das clases populares en Roma, nos anos de transición do século XVI ao XVII, cando foi elaborando de modo explícito o seu pensamento pedagóxico, froito do seu persoal itinerario espiritual e social.


Antes del algúns pensadores humanistas como Juan Luís Vives, Erasmo e o mesmo Lutero tiñan teorizado sobre a educación de nenos e novos. En diversos escritos fundacionais, Calasanz fai unha formulación teórica clara do que pretende coa obra iniciada: contribuír á reforma da sociedade e á felicidade temporal e eterna das persoas, educando aos nenos na fe cristiá e nas letras humanas, por medio de escolas pías, é dicir, populares e cristiás.
Esta filosofía foi levada á práctica por Calasanz durante cincuenta anos ata a súa morte E organizou non menos de trinta colexios en diversos estados europeos, dotándoos de educadores preparados, estruturas adecuadas e regulamentos escritos por el mesmo. Para Calasanz, a figura do educador é elemento fundamental na consecución dos obxectivos pedagóxicos e sociais da súa obra.
Na súa persoa conflúen unha vocación relixiosa e unha vocación educativa que se integran nunha identidade propia.
O pensamento espiritual e pedagóxico de San José de Calasanz e a práctica do mesmo proposta aos seus primeiros compañeiros en Roma ao comezar o século XVII, deu orixe na Igrexa a unha espiritualidade pedagóxica e a unha pedagoxía espiritual de trazos característicos que son unha das primeiras manifestacións modernas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario