Páginas

Biblioteca escolar

10/4/19

O galego é a fórmula: Correlingua 2019

http://correlingua.gal/

Que é o Correlingua?

Desde a Asociación Cultural Correlingua vimos organizando unha actividade de carácter nacional que transita dunha a outra localidade cun denominador común que é a normalización lingüística da mocidade e a infancia. Para isto contamos coa axuda loxística da CIG-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, así como coa colaboración das deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo e os concellos de Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Vigo e Lugo, entre outros.
CORRELINGUA, denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país, é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e á infancia e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
O Correlingua, que xa vai pola súa décimo oitava edición, alcanzou ao longo destes anos unha alta participación dos centros de ensino e do alumnado, así como o apoio de persoeiros e organizacións de todo tipo.

Por que naceu o Correlingua?

O interese que ten a normalización lingüística entre a mocidade é evidente se temos en conta a importante perda de falantes que se está a producir entre a poboación máis nova, situación que confirman os diversos estudos que se teñen realizado, como os datos recollidos e analizados polo IGE no 2013. É preciso, xa que logo, chamar a atención de todas as instancias político-sociais a respecto da necesidade de intervir de maneira efectiva no mantemento e difusión do idioma e facelo, pola súa vez, coa participación activa das propias destinatarias: a mocidade e a infancia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario