Páginas

Biblioteca escolar

21/2/19

Día internacional da Lingua Materna

                                                             


O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2000 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural.


A Xunta de Galicia e a Rede de Dinamización Lingüística veñen sumándose nos últimos anos a esta celebración, contextualizándoa na nosa comunidade e orientándoa á promoción e transmisión da lingua galega.
http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/conmemoracions/dia-internacional-da-lingua-materna



Co gallo do Día Internacional da Lingua Materna, o galego foi protagonista por primeira vez na historia dunha comunicación da ONU. Fernand de Varennes, relator especial para as minorías da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, aproveitou esta conmemoración para difundir unha declaración oficial en 27 idiomas entre os que, por primeira vez, o de Galicia tamén está incluído. 
“É a primeira vez que unha declaración da ONU está en galego”, destaca A Mesa pola Normalización Lingüística sobre un documento no que o relator das Nacións Unidas destaca que a lingua “é, para moitas persoas, un dos principais marcadores do centro da súa identidade, e a súa dimensión é un trazo humano único que se debe asumir e celebrar". 
https://praza.gal/movementos-sociais/a-onu-por-primeira-vez-en-galego-fuxamos-da-idea-de-que-os-estados-deben-ter-so-unha-lingua


https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2018/02/21/dia-internacional-lengua-materna/0003_201802SE21P1991.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario