Nesta xornada tivemos a dúas nais, Eva e Marian, que participaron desta actividade que facemos e que tanto nos gusta: que algúns membros das familias veñan a lerlle, contarlle contos ós nen@s. Que as familias forman parte da comunidade educativa é algo evidente; que desde o Ceip ofrezamos espazos de colaboración e que a resposta sexa positiva é alentador.
"Fai falla o pobo enteiro para educar un neno" é un dito africano que temos esquecido nas sociedades "máis desenvolvidas?" e que se ten retomado ultimamente porque realmente ademais da escola e a familia a comunidade é o terceiro axente cun papel claro.
Hoxe tocoulle ó alumnado de infantil de 4 anos e ós de 1º e 2º de primaria. Na vindeira semana xa hai outros grupos agardando que chegue o día... Moitísimas grazas por esta xenerosa colaboración
No hay comentarios:
Publicar un comentario