Mércores 14 de novembro. Agardamos polo bo tempo e si, por fin, mañá celebraremos o Magosto. Os de Infantil e os de Primaria (1º, 2º e 3º) no cole con xogos e xantar con castañas no patio... Os de 4º, 5º e 6º facemos unha nova andaina; tocou Faramontaos un ano, Trandeiras outro e este ano facemos a de Couso ata Lodoselo.
Preparación andaina Couso a Lodoselo
E despois destes dous días de sol esta tarde poidemos comprobar como están os camiños que hai uns días andaban cheos de auga... Así que no canto de ir por Freande imos facer a baixada por Freixo. Estas son as estampas que hoxe, sen ninguén, co río Limia á dereita tanto me gustaron. Mañá co alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria faremos este percorrido; o punto de partida será Couso (que visitaremos) e despois cara baixa; ademais de cruzar Freixo e falar coa vecindade (xa están avisados) agardamos que ó chegar a Lodoselo nos teñan os xogo populares e tradicionais preparados; e que a xente da vivenda comunitaria, do centro de inclusión, do pobo, pase con nós un anaquiño da súa xornada. Grazas ao persoal do CDR "O Viso" pola colaboración. Xa nos agardan coa porta aberta. A continuación toca debullar as castañas e acompañalas con algo máis. Agardamos que todo vaia ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario