Un curso máis participamos no programa Voz Natura; coma outros 360 centros galegos. Esta é a nosa proposta ou calendario de
execución de actividades:
Setembro 2018: Posta en marcha do proxecto: explicación,
motivación e re-organización do mesmo. Posta en marcha dos equipos de
supervisión ambiental. Xestións para mercar os materiais necesarios para o
correcto desenvolvemento do programado.
Outubro, Novembro e Decembro 2018: Distribuír na horta e nos
espazos de xardín o humus (a partires da compostaxe que estivemos a facer ó
longo do ano). Principalmente a partires da recollida de follas no patio; que
as empregamos non só para compostaxe;
tamén para o acolchado dos socalcos da horta. Banco de sementes (recollida de
sementes –coa implicación da familias- e a elaboración da conseguinte ficha
para a nosa biblioteca). Tamén a estratificación dalgunhas e a aprendizaxe doutras
maneiras de conservación das sementes.
Xaneiro, Febreiro e Marzo 2019: Semilleiros nas aulas, tamén
en camas quentes e ir transplantando para a horta aquelas que mellor van
resistindo. Intentar adiantar datas co cultivo baixo cuberta: a modo de
invernadoiro. Trataremos de sacar adiante unha rolada de pitiños, así como
atender algúns dos animais que, normalmente, nesta tempada levamos ó centro
(coellos).
Abril, Maio e Xuño 2019: Engadir outro plantío na
horta. Atender, coidar as nosas plantas; unha aposta pola agricultura biolóxica
e coñecemento doutros enfoque (agr. Biodinámica). Acolchado, sombreo, rego. Memoria
de actividades, panel resume para e participación na festa de voz natura en
Culleredo, como todos os anos.
En cada trimestre faremos algunha saída-andaina (como
estamos facendo cada curso e é costume no centro) para coñecer mellor o noso
entorno. Igual que as exposicións na
biblioteca. Tamén a partires dos paneis colocados no patio sobre as árbores e
os paxaros facemos actividades relacionadas: xogos de pistas para o seu
recoñecemento, censo de paxaros, construción/colocación de caixas niño, etc.
http://blogs.voznatura.es/blogmaestrovnat/blog/2018/09/12/benvidos-ao-curso-18-19/
http://blogs.voznatura.es/blogmaestrovnat/blog/2018/09/12/benvidos-ao-curso-18-19/
No hay comentarios:
Publicar un comentario