Neste mércores 13 de xuño e por fin, cun espléndido día (como toca neste tempo de primavera, xa ás portas do verán) o alumnado de 3º de primaria gozamos dunha saída programada para este nivel na que pasamos a mañá na Madroa e un anaquiño dela no Museo do Mar de Galicia, xantamos en Samil e pasamos uns bos momentos en Vitrasa onde o persoal e o Director Xeral de Viguesa de Transportes S.L, (Juan Carlos Villarino Tejada) que foi alumno do Rosalía de Castro nos atenden espectacularmente.
Na Madroa aprendemos máis cousiñas dos animais (mesmo o lobo nos agasallou comendo e deixándose ver); no acuario (un tanque de 140.000 litros) poidemos percorrer todo o seu perímetro e observar peixes planos, dúas especies de tiburóns distintas... e outros moitos peixes representativos do que se pode atopar nunha ría galega.
En Samil xantamos e mantivemos a loita continua coas gaivotas que nos "roubaban" se nos descoidabamos. Finalmente en Vitrasa agasalláronos con moitas atencións: paseo pola cidade no bus turístico; tamén subimos no vello que estaba na plataforma), paseo nun autobús de 1968 e nos modernos (especialmente preparados para persoas con mobilidade reducida, respectuosos co medio...), visitando os talleres, as oficinas, tomando un refrigerio e comprobando o control que desde as mesmas se fai dunha flota de 150 autobuses que patrullan Vigo.
Moitísimas grazas a todas as persoas que nos agasallaron coas súas explicacións, a súa atención... e moi especilamente a Juan Carlos Villarino que sempre nos fai sentir máis do Rosalía e máis limiaos.
Moitísimas grazas a todas as persoas que nos agasallaron coas súas explicacións, a súa atención... e moi especilamente a Juan Carlos Villarino que sempre nos fai sentir máis do Rosalía e máis limiaos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario