O alumnado de 3º e 4º de primaria, ben acompañados polo doutros centros da comarca, asistimos o venres 27 de abril a un espectacular concerto dado polo alumnado do Conservatorio de Xinzo.
Entre os artistas varios compañeiros das aulas; alumnado de piano, trompeta, violín, frauta, saxofón, guitarra, acordeón e clarinete; de 1º e ata de décimo curso... E para finalizar a orquestra e un xogo.
Ademais vivimos, en directo, e tamén cos medios (informativos na tele, periódico "Afina-Do") a desaparición misteriosa dos instrumentos, a captura do "escapado" e principal sospeitoso...
Como público temos moito que mellorar; cómpre saber respectar cun silencio como é debido e mesmo ser máis xenerosos cos aplausos, me parece.
Moitos parabéns ós organizador@s; é un luxo ter na vila un centro como este que imparte música e movemento (curso preparatorio para nen@s de 6 anos), iniciación musical /curso preparatorio para nen@s de 7 anos) e os graos elemental (de 1º a 4º) e profesional (de 5º a 10º).
No hay comentarios:
Publicar un comentario