E seguimos de festa! Os maiores do cole fixemos unha ruta para coñecer o entorno da Torre de Pena e a súa conexión co Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras. Unha vez alí, fixemos o roteiro ata o "Banco máis fermoso da Limia" e poidemos contemplar a beleza da nosa terra. Rematamos con empanada, bolos preñados, doce e castañas. Temos que agradecer á Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil de Xinzo de Limia a súa colaboración na organización do Magosto e ao pai de Dani Gándara por ternos tan ben asadiñas todas as castañas que comimos... Non quedou nin unha!!!
Aquí tedes moitas fotos do ben que o pasamos este día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario