Páginas

Biblioteca escolar

4/11/17

Coñecemos o noso pobo. Visitamos a froitería

O pasado xoves 2 de novembro o alumnado de catro anos do cole fomos coñecer como é unha froitería e como traballan alí. Visitamos "FRUTALIA", que queda moi pertiño da nosa escola. Alí Michel e Sonia ensináronos moitos tipos de froitas, e explicáronos que a froita é moi sana e que temos que comer alomenos cinco pezas de froita e verdura todos os días se queremos crecer moi sans. Despois mercamos varios tipos de froitas para levar a clase.... e eles regaláronnos dous caixas grandes de fresas!! Pasámolo xenial. Moitas grazas!




No hay comentarios:

Publicar un comentario