Biblioteca Escolar
CEIP Rosalía de Castro
|
23 de outubro de 2017.
Papacontos,
mascota da Biblio
|
Queridos
nenos e nenas:
Chega o
outono e con el as castañas, os cogomelos, as cabazas… Vaise a calor e veñen o
frío, a choiva e os días escuros e con eles retorna Samaín. Volvemos ao mundo do medo: bruxas,
pantasmas, caveiras, sapos, curuxas … Que arrepíos!
Pensade na personaxe fantástica que máis medo vos dá. Que vos gustaría dicirlle, preguntarlle ou
contarlle…? ´Velaquí a vosa oportunidade, participade no I Concurso de cartas
literarias:
“Samaín,
tempo de cartas”
Bases do concurso:
Redactar a carta en galego.
Dirixila a calquera personaxe
fantástica (bruxa, pantasma, protagonista de conto ou película…)
Escribila na plantilla que se
recollerá na biblioteca dentro da caixa: “Concurso: plantillas”. Completar a
data; escribir o encabezamento, o corpo e a despedida; firmar e escribir o
nome, os apelidos e a clase.
Entregala na biblioteca
deixándoa na caixa: “Concurso: cartas”.
Valorarase a orixinalidade e a creatividade.
Terase en conta a presentación,
a redacción, o vocabulario, a ortografía e a caligrafía.
Elixirase un traballo gañador
por nivel que se ubicará no blog: http://charcalibros.blogspot.com.es/
Data límite de entrega: 3 de
novembro.
Unha aperta, Papacontos
No hay comentarios:
Publicar un comentario