O proxecto de educación ambiental "Custodiando o territorio e á procura dos referentes patrimoniais limiás" que presentamos ó programa Voz Natura para o curso académico 2017/18 foi tamén seleccionado. Tras a avaliación do Comité científico a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre otorgounos un financiamento de 522 euros.
Unha das accións deste proxecto é a realización dos equipo de supervisión ambiental, pero tamén o coidado da horta, prantas, animais e árbores (recollida de folla, compostaxe, vermicultura...), o emprego do patio e contorna como lugares de aprendizaxe, a implicación de tod@s no plan de mellora de eficiencia enerxética que temos no Ceip, a separación do lixo ( reutilización e reciclaxe), a posta en marcha da estación meteorolóxica, a participación nos traballos que fai a Sociedade Galega de Historia Natural na nosa comarca (Operación conícora e Custodia do territorio) e o seguir inventariando os recursos patrimoniais materiais e inmateriais da nosa contorna...
EQUIPOS DE “SUPERVISIÓN AMBIENTAL” NO CEIP ROSALÍA DE CASTRO

·
Están constituídas polo alumnado de
primaria do Centro. Son grupos dunhas 4 persoas, aproximadamante, que irán
rotando.
·
Pretenden manter un “bo clima” entre o
alumnado, fomentar e educar no coidado do entorno.
·
Os luns,
mércores e venres -no primeiro recreo- levarán un distintivo (chaleco
verde), un recolledor e unha escoba e coidarán que toda a comunidade educativa
que transite polo centro teña un bo comportamento cívico (convivencia pacífica:
somos conscientes dos nosos dereitos e deberes). Non se dedican a recoller o
que outros tiran: facemos unha labor de concienciación, de conservación e
mellora do entorno. Coidan que o noso espazo, si, estea limpo e se alguén tira
lixo ó chan, amablemente indícaselle que ese comportamento non é axeitado, que
o recolla e onde debe gardalo (se lle caeu, sen darse conta) ou tiralo
(papeleiras, contedores diferentes...). Se o alumn@ non lle fai caso ós membros
da patrulla, inmediatamente avísase ó profesorado que está de garda nese espazo
do patio. Antes de volver deixar os recolledores en recepción deben baleirarse
nos contedores que temos no patio do centro (porta principal automática).
·
Os martes
e xoves coidamos as plantas, árbores e a nosa horta no cole. Regar,
recoller folla para os composteiros, plantar…
·
Todos os titor@s debemos estar atentos á
semana que nos toca facelo. E pedir e/ou pasarlle o “cartel recordatorio” á
aula seguinte. Moitas grazas
6º C 25 a 29 de setembro - 22 a 26 de xaneiro - 14 a 18 de maio
6º B 2 a 6 de
outubro- 29 xaneiro a 2 de febreiro - 21 a 25 de maio
6º A 9 a 13
de outubro - 5 a 9 de febreiro- 28 de maio a 1 de xuño
5º B 16 a 20 de outubro - 19 a 23 de febreiro - 4 a
8 de xuño
5º A 23 a 27 de outubro- 26 febreiro a 2 de marzo- 11 a 15 de xuño
4º B 30 outubro a 3 de
novembro- 5 a 9 de marzo– 18 a 20 de xuño
4º A 6 a 10 de novembro
- 12 a 16 de marzo
3º B 13 a 17 de novembro
- 19 a 23 de marzo
3º A 20 a 24 de novembro
- 3 a 6 de abril
2º C
27 Novembro a 1 de decembro - 9
a 13 de abril
2º B 11 a 15 de
decembro - 16 a 20 de abril
2º A 18 a 21 de decembro
- 23 a 27 de abril
1º B 8 a 12 de xaneiro - 30 abril a 4 de maio
1º A 15 a 19 de
xaneiro - 7 a 11 de maio
Moito ánimo para este novo proxecto!
ResponderEliminar