Páginas

Biblioteca escolar

3/6/17

Os Danzantes de Lamas aprendéndonos o seu saúdo ó sol

O pasado xoves, día 1 de xuño, o alumnado de 4º A tivemos na aula uns mestres moi especiais. José Vidal Moreiras (un dos artífices da recuperación desta tradición - a medio camiño entre a danza procesional e o ritual de orixe pagano- hai 36 anos), Pilar Blanco Salgado e un mozo, Jorge Joga Cid, apaixoado por manter viva esta danza ancestral; así que no noso Ceip imos ver se facemos este traballo de canteira. 
Ademais de explicarnos e representar a danza en honor á Santa Cruz, a súa recuperación, etc. viñeron coas vestimentas para contarnos a importancia de ir debidamente ataviados coas coroas de flores na cabeza (en alusión á chegada do sol primaveral), a falda encarnada sobre camisa e calzón branco, con calcetíns e zapatos negros.
E xa fomos probando cos dous paus que facemos soar chocando entre si e tamén xirando arredor doutro máis grande sobre o que habemos de ir trenzando as cintas, unhas encarnadas e outras azuis. Rendindo tributo ó mesmo tempo á Nai Natureza e á Nai de Deus.
Moitísimas grazas por vir, por transmitir con tanto entusiasmo esta tradición. Grazas tamén á Alberto Martínez Morales por posibilitarnos os materias cos que contan en Lamas, polos que estamos a facer outros, -para termos no Centro- e posibiltar que a nosa comunidade educativa teña presente o noso entorno, a súas raíces.

No hay comentarios:

Publicar un comentario