Páginas

Biblioteca escolar

19/6/17

O Batán, Niñodaguia, X. de Espadañedo, Maceda.

Este luns 19 de xuño o alumnado de cuarto de Primaria tivemos unha xornada ben apretada polas terras de Maceda e arredores. Primeiro estivemos na Olería de O Batán; na olería da familia Carrera Conde que abriu este espazo en homenaxe ao oleiro Manuel Carrera; avó dun dos alumnos (Pablo) e do que soubemos que durante unha etapa na que traballou na cerámica de Vallauris, na Costa Azul Francesa, coñeceu a Pablo Picasso e pode que intercambiara co pintor segredos de artesán oleiro.

Manuel morreu hai 30 anos e desde entón as portas do taller estiveron pechadas e agora a súa viuva e os seus fillos, con Xosé Manuel á fronte, recuperáronno, co obxectivo da dar a coñecer a ensinar este oficio a quen poida estar interesado. "O meu pai comezou a traballar na olería de solteiro, a mediados do século pasado", conta Xosé Manuel. "Cando se casou, emigrou a Francia, á cerámica de Vallauris, na Costa Azul, onde chegou a coñecer a Pablo Picasso, e voltou ó Batán haberá uns 50 anos, para reabrir a olería". O padre Silva convenceuno pouco despois para ir á alfarería de Benposta, onde estivo sete anos e na que chegaron a traballar cinco persoas e ó remate desta etapa volveu a Olería do Batán, o último taller de Maceda e na que estivo ata a súa morte, hai trinta anos.(LA Región 9 de abril de 2017)

Moitísimas grazas a esta familia que nos acolleu e nos preparou un anaco da xornada na que ademais de traballar neste "emblemático" espazo nos levou a visitar un fermosísimo cruceiro a Tioira, ver a capela de San Roque e agasallarnos cunha peza para cada crianza e profesorado... ademais dunhas sabrosísimas galletas. Grazas José Manuel, Jesús, Guillermina, María José...

Despois estivemos con Paula e Patricia no Museo de Olería de Niñodaguia e visitamos os fornos; a continuación gozamos dunha sesión con Eugenia no Mosteiro de Santa María (en Xunqueira de Espadañedo). Máis tarde do previsto volvemos para xantar en Maceda, a carón do río e das piscinas. E aquí veu o noso momento negro do día porque estabamos con idea de darnos un baño e comezaron a caer unha pingas... Así que demos un paseo (con Sara e Sarela de guías) ata un muíño restaurado para inmediatamente subirmos a unha das naves da escola de ciclismo J.A. Hermida para coas bicis que levamos no autobús e cos magníficos mestres (Xulio, Sarela, e outros alumnos da escola) darmos unha voltas. Tivemos que marchar porque nos estaban esperando no castelo - o Sr. alcalde e un concelleiro- para facer un pequeno percorrido por aquelas alturas e aprendermos máis cousas; de Alfonso X O Sabio e mesmo de Napoleón. 

Si, quedounos pendente un baño nas piscinas... Con todo, unha excelente xornada: grazas a tod@s os que a fixeron posible. Moitísimas grazas!!!
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario