Páginas

Biblioteca escolar

20/3/17

Días mundiais da Poesía, da Árbore e da Auga

Esta semana estamos a celebrar, dun xeito especial os días da Poesía, da Árbore e da Auga. Hoxe é o equinoccio de primavera. Equinoccio (do latín aequinoctium (aequus nocte), é cada un dos dous instantes do ano en que o Sol está exactamente sobre o ecuador celeste, que se corresponde coas datas en que o día e a noite teñen igual duración e que marca o principio da primavera e do outono, respectivamente.  
O equipo dinamizador da B.E. ten preparada unha actividade especial con motivo da celebración do Día Mundial da Poesía; propoñemos esta actividade para traballar a composición poética ao longo da semana: a árbore poética. É unha actividade que se presta para traballar de forma individual, por parellas, en grupos pequenos ou en gran grupo. Nas aulas -tanto de infantil como de primaria- imos traballar con palabras, rimas, versos, pareados, estrofas. Atentos pois ás carpetas e/ou caixas poéticas que chegarán ás vosas aulas. 
Resultado de imagen de castiñeiro de pumbariños 
Tamén participamos na 3ª Semana Escolar da Árbore e da Auga; recibimos da Deputación o conto "O amor eterno de Rozabales", unha historia de castiñeiros e augas termais, que estamos lendo; tamén un par de árbores pequeniños que poñeremos no patio. 
Castaño de Pombariños (www.rutadelosrios.com) 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario