Despedindo marzo: Día Mundial da Narración Oral (20), Día mundial da Poesía (21), Día Mundial do Teatro (27). E co abril petando á porta. Estreámolo co día 1: Día das Artes Galegas (Maruxa Mallo). O 2, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
Saudamos a Primeiras lecturas e ELOS.
primeiras lecturas
Esta é unha ferramenta de carácter educativo ligada á materia de Didáctica da Lingua e Literatura Infantil, da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense (Universidade de Vigo). Aquí, alumnado e profesora deixarán as súas recomendacións de lecturas para o alumnado de Educación Infantil, incidindo nas potencialidades das obras seleccionadas, o que pode ser de axuda para outros docentes e mediadores en xeral (bibliotecarios, pais e nais etc.)
Elos é unha asociación de investigadoras e investigadores docentes dos ámbitos galego e portugués da área da Literatura Infantil e X/Juvenil. Velaquí o enlace á web non que podemos atopar máis información e recursos sobre esta temática: artigos, entrevistas, guías/seleccións, libros, recensións, revistas, monográficos...
http://elos.es/about/
No hay comentarios:
Publicar un comentario