Os vindeiros 30 e 31 de marzo temos unhas xornadas de interese para participarmos en Ourense. Un achegamento á experiencia de Óbidos.
Óbidos é un municipio Portugués (rexión de Leiria) cuns 12000 habitantes, e situado
80 kms. ao norte de Lisboa. Dende o ano 2002 hai unha estratexia educativa, formal
e decidida, que ten na creatividade, no recoñecemento dos valores comunitarios e no
desenvolvemento saudable dos seus viciñ@s o seu eixe vertebrador. Así, o municipio
de Óbidos leva algo mais de 10 anos implementando unha idea de desenvolvemento
focalizada no turismo, a cultura e a economía, que levou á organización, durante os
últimos anos, de múltiples eventos relacionados con diferentes áreas da creatividade:
produción, escenografía, entretemento, música, deseño gráfico, márketing e publicidade,
multimedia, creación artística e investigación cultural.
...O feito de que, relativamente preto de nós, se estea a desenvolver unha experiencia
innovadora do primeiro nivel, na que se funden educación, enfoque comunitario e
creatividade, e que esta teña dado lugar a unha rede de recursos socioeducativos que
xa teñen demostrado o seu valor, é algo que debe ser coñecido de primeira man para,
de ser o caso, logo poder difundilo coa esperanza de que axude a mover conciencias,
ou cando menos propiciar cuestionamentos e a mellora doutras prácticas.
(Fragmentos tomados da memoria da visita do CIFP POrtovello a escolas d´Óbidos, Portugal)
O CIFP Portovello e a Facultade de Ciencias da Educación (Universidade de Vigo - Campus de Ourense) convídannos ao encontro pedagóxico “A educación dende o compromiso co territorio. Achegamento á experiencia de Óbidos”.
Se estades interesados/as podedes ver o programa das xornadas na seguintes ligazón e a facer a vosa inscripción con caracter gratuíto.
Inscrición
No hay comentarios:
Publicar un comentario