Páginas

Biblioteca escolar

10/1/17

Retos de lectura 2017



Queridos estudantes:
Hoxe é unha data importante porque, neste trimeste, iniciamos unha viaxe fantástica. Para esta viaxe, precisaredes un documento de identificación e de constancia do voso percorrido:
Un pasaporte!!!
Neste caso será un pasaporte da lectura que reflectirá a vosa viaxe pola fantasía, a ilusión e o coñecemento que os libros nos aportan a todos. FELIZ VIAXE!!!

Bases de participación

1.  Elixe e marca no pasaporte un reto de lectura.

2.  Le un libro que coincida co teu reto.

3.  Cubre a ficha de lectura. (Está na biblioteca na caixa Retos de lectura 2017).

4.  Escribe no pasaporte o título do libro.

5.  Na hora de ler vai a biblioteca e entrega  o pasaporte e a ficha  cuberta. Se o reto está superado conseguirás un selo.

6.  Se acumulas polo menos 5 selos entrarás no sorteo dun agasallo.
    Se tedes algunha dúbida, xa sabedes, pregubntade na biblioteca.
Equipo Dinamizador da Biblioteca Escolar

No hay comentarios:

Publicar un comentario