Páginas

Biblioteca escolar

18/1/17

Razóns científicas para ler máis do que lemos

Este días teñen aparecido varias novas na prensa sobre a lectura. Velaquí algunhas das cousiñas que poidemos ver cos seus respectivos enlaces para ler máis:


 "A lectura, ademais de mellorar a empatía e a comprensión dos demais, é un dos mellores exercicios posibles para manter en forma o cerebro e as capacidades mentais".

"A actividade de ler require poñer en xogo un importante número de procesos mentais, entre os que destacan a percepción, a memoria e o razoamento"
" A lectura inunda de actividade o conxunto do cerebro e reforza tamén as habilidades sociais e a empatía, ademais de reducir o nivel de estrés do lector/a."
"O libro e calquera lectura comparable son, así, un ximnasio asequible e barato para a mente"
"Cada persoa debe elegir el tipo de lectura que máis o motiva e lle convén"



"Importancia de darlle máis valor social á lectura"
"O texto critica a LOMCE por varios aspectos. Entre outros, a anterior normativa fixaba un tempo diario de lectura non inferior a 30 minutos, para a Ed. Primaria".
"Máis diñeiro para as bibliotecas, axudas aos libreiros ou un IVA reducido para os libros electrónicos son algunhas das ideas propostas. Só así, sosteñen os editores, esta gran novela terá final feliz".
"Ó ler convertémonos en creadores, ó trasladar o mundo do narrador á nosa imaxinación"
"A lectura é a segunda actividade cultural favorita polos españois, despois de escoitar música"
"A lectura non formou parte claramente do noso sistema educativo e social"

No hay comentarios:

Publicar un comentario