Os días 18 e 19 de novembro, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, terán lugar as VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia,
a cita anual do profesorado interesado polas bibliotecas escolares, a
lectura e as competencias en medios e información (ALFIN/AMI).
Serán día e medio intensos dedicados a revisar algúns aspectos
fundamentales sobre a biblioteca escolar e as súas funcións nos centros
educativos, como soporte e ferramenta imprescindible para unha educación
acorde ás necesidadees do alumnado do século XXI e no contexto galego.
Xunto coa difusión de experiencias de interese en todos os ámbitos de
actuación da biblioteca escolar (promoción da lectura, traballo coa
información, metodoloxía de proxectos, implicación das familias na
construción de lectores, apoio ao desenvolvemento do currículo,
integración das TIC, interculturalidade e atención á diversidade
(biblioteca inclusiva)... Así mesmo haberá unha sesión para
comunicacións super-breves titulada "A fume de carozo" no que
se poderán coñecer un máximo de 10 actividades "potentes" procedentes de
10 centros (en breve abrirase o prazo de propostas).
A lectura e as linguaxes artísticas, as narracións transmedia, a poesía,
a educación artística ou musical, a metodoloxía de proxectos e as
necesarias transformacións no modelo de biblioteca escolar serán tema
para a reflexión e a ampliación de coñecementos, axudados por expertos
nos seus ámbitos como Andrea Giráldez, Xosé Tomás, Guadi Galego, Silvia
González Goñi, Mónica Muñoz Sobrino e Asunción Carballo, Glória Durban,
Carlos C. Scolari e Fran Alonso.
Até o día 19 de outubro está aberto o prazo de inscrición en FPROFE: https://www.edu.xunta.es/fprofe/ empregando a referencia G1602011.
No hay comentarios:
Publicar un comentario