O 11 de maio de 1916 nacía na parroquia de Iria Flavia,
Padrón (A Coruña) Camilo José Cela Trulock, unha das
figuras clave na evolución cultural española, como
revolucionario da narrativa e como promotor de proxectos
culturais decisivos, especialmente no ámbito literario,
onde acadou os máis importantes recoñecementos.
Premio Príncipe de Asturias das Letras en 1987, Premio
Cervantes de Literatura en 1995 e Premio Nobel de
Literatura en 1989, Camilo José Cela abre as portas da
literatura española contemporánea con erudición e un
dominio lingüístico á altura dos mellores mestres.
Este ano 2016, cando se cumpre o centenario do seu
nacemento, representa unha data memorable e unha
oportunidade única para divulgar o valor cultural seu do
legado.
Coincidindo co centenario temos ata o 20 de maio na Biblioteca tres maletas didácticas: ¿quen vive a carón da vía do tren?, Letras remexidas e Pequenas historias para Ed. Infantil e Ed. Primaria; con materiais e orientacións para que sexan os propios docentes xunto co alumnado os que as empreguen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario