Os pasados días 7 e 8 de abril celebráronse en Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares
do curso 2015/2016, coa asistencia de 145 responsables de bibliotecas
integradas no programa, na primeira xornada, e representantes da
totalidade dos centros (575) xa na segunda xornada. Este encontro anual
do profesorado que xestiona e coordina as bibliotecas integradas no
PLAMBE, serve para avanzar na formación deste colectivo e constitúe un
espazo de reflexión, intercambio de experiencias e propostas arredor dos
ámbitos de actuación da biblioteca escolar: a lectura, a información, a
aprendizaxe.
Abordáronse os retos educativos que a biblioteca debe enfrontar e as
posibilidades que ofrece para o cambio metodolóxico imprescindible.
Entre outras experiencias de interese presentáronse varios dos traballos
galardoados no II Concurso de Traballos por Proxecto, coordinados ou co
apoio da biblioteca escolar.
Acompañáronnos ao profesorado expertos e investigadores en diversos ámbitos: Gemma LLuch, Mónica Baró, Eduardo Sáenz de Cabezón ou Ana Bernal. Pechou os encontros Manuela Silva, actual coordinadora da Rede de Bibliotecas Escolares
de Portugal, programa que cumpre agora os 20 anos de existencia cunha
excelente realidade, a pesar de todos os atrancos, faro sempre para as
actuacións desde esta consellería.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/course/view.php?id=25
No hay comentarios:
Publicar un comentario