“SUPERVISIÓN
AMBIENTAL” NO CEIP ROSALÍA DE CASTRO. Xinzo de Limia.
(Tamén chamadas “PATRULLAS VERDES”)
· Somos grupos dunhas 4 persoas de primaria que imos rotando cada semana
· Pretendemos manter un “bo
clima” no centro, fomentar e educar no coidado do entorno.
· Levamos un distintivo (chaleco verde), un recolledor e unha escoba e coidamos que toda a comunidade educativa que transite polo centro teña un bo
comportamento cívico (convivencia pacífica: somos conscientes dos nosos
dereitos e deberes).
· Non nos dedicamos a recoller
o que outros tiran: facemos unha labor de concienciación, de conservación e
mellora do entorno. Coidamos que o noso espazo, si, esté limpo e se alguén tira
lixo ó chan, amablemente indicámoslle que ese comportamento non é axeitado, que
o recolla e onde debe gardalo (se lle caeu, sen darse conta) ou tiralo
(papeleiras, contedores diferentes...). Se o alumn@ non lle fai caso ós membros
do equipo, inmediatamente avísase ó profesorado que está de garda nese espazo
do patio.
· Antes de volver deixar
os recolledores en recepción deben baleirarse nos contedores que temos no patio
do centro (porta principal automática).
· Todos os titor@s estamos atentos á semana que nos toca facelo a nosa aula e pasarlle os chalecos
distintivos á aula seguinte (ou ir pedilo, se se nos esquece a quen debemos
pasalo).
CALENDARIO CURSO 2015/16______________________________________________
6º B
5 a 9 de outubro - 11 a 19 de febreiro -
6 a 10 de xuño
6º A
13 a 16 de outubro - 22 a 26 de febreiro -
13 a 21 de xuño
5º B
19 a 23 de outubro - 29 feb. a 4 de marzo
5º A
26 a 29 de outubro - 7 a 11 de marzo
4º B
2 a 6 de novembro - 14 a 18 de marzo
4º A
9 a 13 de novembro - 29 marzo a 1 abril
3º B
16 a 20 de novembro - 4 a 8 de
abril
3º A
23 a 27 de novembro - 11 a 15 de abril
2º C
30 Nov. a 4 de decembro - 18
a 22 de abril
2º B
9 a 17 de decembro - 25
a 29 de abril
2º A
7 a 15 de xaneiro - 2 a 6 de maio
1º C
18 a 22 de xaneiro - 9 a 13 de
maio
1º B
25 a 29 de xaneiro - 18 a 27 de
maio
1º A
1 a 5 de febrero - 30 maio a 3 de xuño
No hay comentarios:
Publicar un comentario