Con motivo da conmemoración das Letras Galegas o Equipo Dinamizador de Galego do Centro remitiumos a seguinte proposta didáctica para traballar a nivel de aula:
Trátase de diversas actividades adaptadas a cada nivel que permitirán ao alumnado coñecer mellor ao autor homenaxeado este ano – Xosé Fernando Filgueira Valverde – e a súa obra. A versión impresa destas actividades está á vosa disposición en administración.
Nos seguintes enlaces podedes atopar máis información e actividades (LIM, pasapalabra...):
E neste outro, un interesante mapa interactivo que sitúa o lugar de procedencia de tódolos autores/as que foron homenaxeados dende que se instituíu esta celebración no ano 1963:
Por último, informarvos de que o día 15 de maio terá lugar un acto conmemorativo no que cantaremos a canción Meu o mundo é, do álbum Brincavai. Adxuntamos a letra da canción para que a traballedes na clase e un enlace do vídeo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario