Páginas

Biblioteca escolar

20/4/15

V Abrazo río Limia

Os pasados 16 e 17 de abril, celebramos en Xinzo de Limia o V Abrazo ao río Limia, na compaña dos nosos compañeiros do CEIP Carlos Casares, a EB1 de Ponte de Lima, o CE das Lagoas e o CE da Ribeira. Foron dous días cheos de actividade e irmanamento entre todos nós. Sabemos cada día mellor da importancia do río que cruza a nosa vila, pero con encontros coma este tamén o Limia convértese en elemento unificador entre culturas e vilas, como xugo de amizade que ninguén poderá parar. Queremos agradecer as colaboracións na organización deste evento (ademáis dos cinco centros involucrados) ao Concello de Xinzo de Limia, especialmente ás súas concellerías de Educación e Deporte e a de Cultura, así como as Brigadas de Obras e a de Parques e Xardíns; á Policía Local e Protección Civil de Xinzo de Limia, tan necesarias en acontecementos coma estes; as ANPAS dos CEIPs Rosalía de Castro e Carlos Casares; á Banda Municipal de Gaitas, que nos entusiasmaron co seu marabilloso concerto do primeiro día, e, en fin, a todas as persoas e institucións que fixeron posible estes estupendos dous días de coñecemento e amizade entre nenos e nenas destas nosas vilas como son Ponte de Lima e Xinzo de Limia.
Arriba o Limia! Arriba o Lima!


No hay comentarios:

Publicar un comentario