O vindeiro día 21 de marzo celébranse moitas cousas
- Día Mundial da Poesía establecido en 1999 pola Unesco
- Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial, proclamado en 1966 pola Asemblea Xeral das Naciones Unidas en memoria da masacre de Sharpeville en Sudáfrica (1960).
- Día Internacional do Nowruz
- Día Internacional dos Bosques
- Día Internacional da Cor, establecido pola Asociación Internacional da Cor e aprobado por asociacións e miembros de máis de 30 países.
- 21 ó 27 de marzo: Semana da solidariedad cos pobos que loitan contra o racismo e a discriminación racial
- Cultura inca: festival Sitwa Raymi, celebrando o equinoccio de primavera.
- Día do Síndrome de Down
“PALABRAS
QUE ENGAIOLAN”
Árbore e Poesía. Desde a Biblioteca do cole queremos propoñervos a
realización -ó longo desta semana- dunha árbore moi especial cheíña de poesía e decorada con follas
elaboradas por tod@s.
Co sosego e a imaxinación dos
poetas pensaremos palabras: poéticas, poderosas, sonoras, silenciosas, que
nos fagan rir ou chorar, que garden segredos, que nos ofrezan calor ou sabor,
que nos sorprendan, nos abracen, nos emocionen… De todas elas elixiremos a que máis nos
engaiole e:
Os máis pequenos escribirán a
palabra na folla, colorearana de verde e colgarana.
Os demais realizaremos unha
composición poética coa palabra elixida: un verso, un pareado, un haiku, un
acróstico, unha pequena estrofa… escribirémola con letra clara na folla da
árbore, e, despois de coloreala, colgarémola.
Feliz celebración
O equipo da Biblioteca
No hay comentarios:
Publicar un comentario