Como xa dixeramos aquí, o 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz conmemorando cada ano a morte de Mahatma Gandhi.Como choveu, tivemos que facer o plan B. Non poidemos facer o xogo por equipos polo patio, así que fomos directamente ó pabellón por clases e os de sexto A (porque os de B e C estaban no CIFP A Farixa "eduemprende") fixemos un role playing sobre a verdadeira paz; a continuación entre tod@s cantamos TODOS SOMOS CAPITANS, tamén empregando a lingua de signos. Despois, moi animados lembramos as que cantamos outros anos nesta mesma data: SEGUIREMOS, CORAZÓN CON CREMALLERA, CELEBRA LA VIDA... Velaquí algunhas fotos deste acto
XENIAIS!!
ResponderEliminar