Páginas
▼
Biblioteca escolar
▼
18/12/14
BO NADAL!!!!!
O Claustro do profesorado e o persoal non docente do CEIP queremos desexarvos boas festas e un venturoso 2015.
17/12/14
Festival de Nadal: programa
Programa do Festival de Nadal de 2104 do Ceip Rosalía De Castro Xinzo De Limia. Lembrade.... XOVES, 18 de decembro de 2014, ás 11.15 para as familias de todo o alumnado do centro.
O Boletín da Biblioteca
http://issuu.com/papacontos/docs/bolet__n_n___7_nadal._curso_2014.15
https://www.dropbox.com/s/dg9ds3kzf543lqq/Bolet%C3%ADn%20n%C2%BA%207_nadal.%20Curso%202014.15.pdf?dl=0
8/12/14
Visita do alumnado de 6ºA á Fundación COREN
Era a quenda dos rapaces e rapazas de 6º A... Pasamos unha xornada diferente onde aprendemos algunhas cousas sobre cooperativismo, enerxías renovables, ... e outras historias interesantes... E os pitiños! Non podemos esquecernos dos pitiños!!! Son tan adorables....
5/12/14
2015: Ano Internacional dos solos
A Conferencia da FAO en xuño de 2013 aprobou por unanimidade que o 5 de decembro se celebrara o Día Mundial do Solo e pediu á 68ª Asamblea Xeral que o adoptou oficialmente.
O 24 de abril de 2013 no Consello da FAO aprobaron a proclamación do 2015 como Ano Internacional dos Solos
3/12/14
Os nosos poemas matemáticos
Érase unha vez... Unha parella feliz: Matemáticas e poesía, números e palabras.
Ou o que é o mesmo unha contribución á aprendizaxe das matemáticas cun pouco de humor, aprender brincando.
Matemáticas é pensar con atención. Velaquí algúns traballos feitos polo noso alumnado cos poemas matemáticos. Moitas grazas, artistas.
2/12/14
Día Mundial do Non Uso de Praguicidas: 3 de decembro
Blognatura
Blog Maestro del Programa Voz Natura
Fora plaguicidas!!
O 3 de dezembro celébrase o Día Munidal del No Uso de Plaguicidas. Unha data elexida polas más de 400 organizacións membros da PAN (Pesticide Action Network), para lembrar aos máis de 16.000 mortos a consecuencia da catástrofe de Bophal, ocurrida na India en 1984.
Ademáis dos accidentes graves e do dano aos ecositemas, os plaguicidas provocan ao ano miles de problemas graves de saúde ( intoxicacións crónicas e agudas) en agricultores e consumidores ao entrar na cadea alimenticia.
Para conmemorar o día, e metidos de pleno na agricultura ecolóxica, anímovos a facer unha campaña colexial a través dos blogs para fomentar o uso de insecticidas e bacetricidas naturales.
Para que os rapaces e rapazas profudizen no tema das plagas e o seu tratamento, deixámosvos un Slideshare compartido polo INTA, claro e práctico. Premede na imaxe para acceder ao recurso e non vos esquezades de compartir a vosa campaña en Blog Natura.
1/12/14
Semana dos retos matemáticos
1, 2, 3, 4, 5 de decembro. Xa o sabes... estamos esta semana cos retos matemáticos na Biblioteca, así que, a que esperas para afrontar os desafios que vos temos preparados?????
3 de decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade
«O Desenrolo Sostible: Unha promesa da Tecnoloxía» lema deste ano 2014.
O Día Internacional das persoas con discapacidade conmemórase en todo o mundo cada 3 de decembro de acordo á Resolución 47/3 ) adoptada pola Asamblea Xeral o 14 de Outubro de 1992, co obxectivo de chamar a atención e mobilizar apoios para os aspectos clave relativos á inclusión de persoas con discapacidade na sociedade e no desenrolo.
O Día Internacional das persoas con discapacidade conmemórase en todo o mundo cada 3 de decembro de acordo á Resolución 47/3 ) adoptada pola Asamblea Xeral o 14 de Outubro de 1992, co obxectivo de chamar a atención e mobilizar apoios para os aspectos clave relativos á inclusión de persoas con discapacidade na sociedade e no desenrolo.
«Fagamos todo o necesario para asegurar que as Políticas, os Programas, as directrices e as tecnoloxías do século XXI estén ó alcance das persoas con discapacidade e teñan en conta as súas perspectivas e experiencias.»
Día Internacional das Personas con discapacidade 2014