Con motivo da próxima festividade do Samaín o Equipo de Actividades Complementarias e
Extraescolares querémosvos propor una serie de actividades coa finalidade de
que participe toda a comunidade educativa (alumnado, familias e profesorado,).
Estas actividades divídense do seguinte xeito:
a) Decorar a
porta da aula con detalles relacionados co Samain. Para favorecer esta
actividade e axudar a crear unhas portas monstruosas, achegámosvos o seguinte enderezo da internet para que a consultedes e poidades "ver" ideas creativas.
b) Para o
alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º popoñemos a realización de casas encantadas con
material de refugallo (caixa de zapatos, de deterxentes, de
electrodomésticos…). Aqueles nenos e nenas que participen deberán entregar a súa
casa encantada o día 27 de outubro ó seu titor ou titora co seu nome para
evitar que se extravíe.
Unha
vez recollidas todas as casas realizaremos unha recreación dunha cidade
encantada no hall da planta baixa do Edificio principal. ( entre a aula de 4º e
a aula específica).
c) Para o
alumnado de Educación infantil e de 1º e 2ºpropoñemos
a realización de elementos monstruosos tales coma morcegos, pantasmas, bruxas,
cabazas…… con material de refugallo.
Podedes
buscar información en google: manualidades
para halloween.
Os
elementos realizados serán entregados o día 27 de outubro ó titor ou titora coa
finalidade de decorar a "cidade encantada".
Moitas
grazas pola vosa colaboración e participación.
http://charcalibros.blogspot.com.es/2013/10/estamos-no-samain-aqui-tedes-unha-lista.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario