Páginas

Biblioteca escolar

27/10/14

Andaina polas areeiras


   O pasado venres 24 de outubro, cun moi bo día de outono, o alumnado de 6º de primaria, con 4 mestr@s e 3 pais, fixemos a primeira andaina deste curso polas areeiras, aquí na nosa comarca. 
   Primeiro na biblioteca do Centro Xosé Calleja, un dos pais que nos guiou, e paxareiro (como lle gusta a el dicir no canto de ornitólogo) amosounos con imaxes os paxaros que podiamos ver e escoitar no percorrido, a importancia da Limia para ver aves, a importancia destas no noso entorno -mesmo como bio-indicadores-...
 Tamén pechamos esta charla lendo o Manual do bo paseante, espectacular mibriño que temos na nosa biblioteca para gozar del.
 

   Xa coñeciamos a Xosé Calleja porque temos traballado con el a temática dos paxaros; xa nos aprendeu a diferenciar os paxaros que podemos ver no patio do centro e dentro do programa Voz Natura imos poñer uns paneis polo cole para toda a comunidade educativa.

   Da camiñada, velaquí unhas fotos para que vos fagades unha idea do ben que o pasamos e do moito que aprendemos observando, charlando, preguntando, buscando información en algún manual...





No hay comentarios:

Publicar un comentario