Por fin, despois de preparar ó longo destas pasadas semanas as cousas, este luns 29 de setembro abrimos a biblioteca escolar do centro para toda a comunidade educativa. Non esquezades -as familias- que temos un espazo específico para vós. Empezamos coas mochilas viaxeiras que repartimos o pasado venres (3º de Infantil, 2º- 4º e 6º de primaria), preparamos un bo equipo de alumnado colaborador de 6º de primaria e artellamos algúns cambios para que todo vaia mellor.
De entrada, ter en conta as normas xerais do uso da BE. Este curso -como xa vos comunicamos polas aulas- hai algunha variante como
- Os libros que se lean e consulten, colocaranse no espazo asignado para eles (caixas sobre as mesas), xa que serán os axudantes de biblioteca os que os
devolvan aos seus orixinais lugares de ubicación. Porque esperamos -desta maneira- que os libros estén colocados onde deben e non en calquera sitio (moitas veces pola présa de saír ó tocar o timbre...)
- Cada alumn@ que leve o libro en préstamo, unha vez rexistrado, depositarao na cesta
corrrespondente ó seu nivel xa que logo os axudantes de biblioteca farán o
reparto dos mesmos. Porque non se pode volver á aula (nos recreos) e para evitar ter que andar co libro polo patio nese tempo de lecer.
Despois do recreo a hora de ler, tempo de lectura dedicado especificamente á lectura en horario escola, estará marcada polo timbre (como se fai cos cambios de sesións) e preparádevos para gozar...
Para ir abrindo boca, velaquí algúns enlaces de interese
Para ir abrindo boca, velaquí algúns enlaces de interese
http://leer.es
E xa, co mes de outubro petando na porta, non esquezades que é o mes da biblioteca escolar (nós celebramos todo o mes a proposta da IASL) porque é o 24 o día da bibioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario