Páginas

Biblioteca escolar

2/6/14

Campionato provincial escolar de fútbol sala

O pasado sábado 31 de maio celebrouse nos pavillóns de Xinzo de Limia e Baltar o campionato provincial escolar de fútbol sala.
Como sucedera o ano pasado, a A.D. Limia presentou a dita cita un equipo benxamín mixto e outro alevín masculino. Ambos equipos estan formados por rapaces e rapazas dos diferentes coles da comarca, específicamente do de Rairiz, Sarreaus, Casares e Rosalía. 
Foron tres equipos en cada categoría os que se desputaron o campionato. O colexio Sagrado Corazón de Celanova e o colexio Vila do Arenteiro (Carballiño) foron os contrincantes do equipo da Limia, pero únicamente na pista, xa que no tempo de ocio e durante a comida todos os futbolistas compartiron xogos e aventuras no parque do Toural.
Foi unha estupenda xornada de deporte e convivencia na que ademáis, os dous equipos locais, se proclamaron campións provinciáis.
Rematamos así as xornadas  de deporte, na súa modalidade escolar (non federada), ata o vindeiro curso.
Esperamos poder seguir brindando os alumnos e alumnas estas experiencias,intentando favorecer, en todo momento, a súa formación e motivación cara a actividade física e o deporte como un hábito saudable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario