Páginas

Biblioteca escolar

30/3/14

Na busca do tesouro..

O pasado mércores 26 de marzo levouse a cabo no noso cole unha carreira de orientación. Xa é o segundo ano no que podemos disfrutar e participar neste tipo de disciplina. Nesta ocasión tamén se transladaron ata o noso centro os rapaces/as do colexio de Rairiz.
A primeira parte da xornada consistiu nunha breve iniciación e presentación da orientación a través dos medios audiovisuáis. Posteriormente, os nenos/as de 6º de ambos coles participaron nunha sinxela carreira de orientación polo patio.
Agradecemos á agrupación Limiactiva a oportunidade de poder disfrutar desta disciplina e desexamos poder repetilo nos vindeiros anos.












27/3/14

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2014
CARTA AOS NENOS DO MUNDO

OS LECTORES, a miúdo lle preguntan aos escritores como escriben as súas historias - De onde saen as ideas? Veñen da miña imaxinación, contéstalles o escritor. Ah, claro, adoita responder o lector. Pero, onde está a túa imaxinación, de que está feita e é certo que todo o mundo ten unha?
Ben, responde o escritor, está na miña cabeza, por suposto, e está composta de imaxes e palabras e recordos e rastros doutras historias e palabras e fragmentos de cousas e melodías e pensamentos e rostros e monstros e formas e palabras e movementos e palabras, ondas e arabescos e paisaxes e palabras e perfumes e sentimentos e cores e rimas e pequenos estalos e asubíos e sabores e explosións de enerxía e adiviñas e brisas e palabras. Todo iso xirando aí dentro e cantando e comportándose como un calidoscopio e aboiando e sentándose e pensando e rañando a cabeza.
Por suposto que todo o mundo ten imaxinación: sen ela, non seriamos capaces de soñar. Porén, non toda imaxinación ten as mesmas cousas dentro dela. Probablemente, a imaxinación dos cociñeiros conteña na súa maioría sabores, da mesma maneira que a imaxinación dos artistas conterá sobre todo cores e formas. A imaxinación dos escritores está principalmente chea de palabras.
Para os lectores oíntes de historias, as súas imaxinacións tamén se nutren de palabras. A imaxinación dun escritor traballa, dá voltas e dá forma ás ideas, aos sons, ás voces, aos personaxes e aos acontecementos ata convertelos nunha historia; esta historia non está composta doutra cousa que non sexan palabras, batallóns de garabatos desfilando polas páxinas. Entón ocorre que, de pronto, chega un lector e eses garabatos cobran vida. Seguen estando na páxina, seguen parecendo garabatos pero tamén están choutando na imaxinación do lector, e este dá forma e fía as palabras para que a historia agora teña lugar na súa cabeza, como tivo lugar na cabeza do escritor.
Este é o motivo polo que o lector é tan importante para unha historia como o é o escritor. Só hai un escritor para cada unha delas, pero hai centos ou miles ou incluso ás veces millóns de lectores de historias, que len no mesmo idioma que o do escritor ou que quizais ata lean traducións en moitos outros idiomas diferentes. Sen o escritor, non nace o conto; sen todos os miles de lectores arredor do mundo, o conto non chegará nunca a vivir todas as vidas que pode vivir.
Todo lector dunha historia ten algo en común cos outros lectores desa mesma historia. Separadamente, aínda que tamén dalgunha maneira xuntos, eles recrearon a historia na súa propia imaxinación: unha acción que é tanto privada como pública, individual como común, íntima como internacional.
É, posiblemente, o que os humanos fan mellor.
Seguide lendo!
Siobhán Parkinson
Autora, editora, tradutora
e gañadora do Premio na nÓg

Traducción: Concha Blanco

24/3/14

Todos queremos ser....policías!!

O alumnado de segundo de Educación Primaria visitaron hoxe as instalacións da Comisaría da Policía Nacional. Calabozos, sala de tiro, comunicacións, ... foron algunhas das dependencias  que tan amablemente lles amosaron todo o persoal que alí traballa, encabezados pola subinspectora Teresa, que é ex alumna do noso centro. Posteriormente foron ao Auditorio Municipal para desfrutar da obra de teatro "Bon Appetit". Unha mañá completa e moi moi entretida....

 














23/3/14

Recordos dos amigos e amigas portugueses do noso "4º Abraço ao Rio Lima"

Un centros portugueses participantes no 4º Abrazo ao Río Limia, a Escola Básica nº 1 de Ponte de Lima, vén de publicar no seu blog dúas entradas sobre esta xornada de convivencia. Aquí tedes os enlaces por si queredes consultalos.


21/3/14

Acto entrañable

E celebramos o 21 de marzo... Os de 6º foron primeiro plantar ó parque do Toural (á beira do río Limia) e despois toda a comunidade educativa tivemos un acto entrañable no que lemos dous textos de Castelao e R. Tagore sobre a árbore, plantamos unha árbore no patio do Centro cunha placa en Memoria de José Ramón González Alonso (mestre) e tivemos un emocionado recordo da nosa Noa que está a recuperarse.

20/3/14

21 de marzo: poesía, primavera, árbore...

O 21 de marzo celebramos o Día Forestal Mundial, o Día da Árbore, o Día Mundial da Poesía, o Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial. o Día Mundial do Síndrome de Down...

http://issuu.com/xmlores/docs/escolma_d__a_da_poes__a_2014/11?e=1153510/7141430

15/3/14

Todos os días son para a muller

Dentro dos actos complementarios para conmemorar o Día Internacional da Muller, o Concello de Xinzo de Limia vén de organizar un acto que tivo lugar o pasado venres, 13 de marzo na Praza Carlos Casares. No mesmo participaron o alumnado de sexto de Primaria do noso cole, a Asociación LIMISI e a Asociación de Amas de Casa "Anduriñas".
Os nenos e nenas do CEIP Rosalía formaron o símbolo feminino sobre a praza da vila e leron un texto elaborado por eles mesmos titulado "Cousas por facer para mellorar o mundo en prol da igualdade". Iniciativas coma estas queren concienciar da importancia da educación para erradicar dunha vez por todas todo rastro de violencia de xénero da nosa sociedade.
Esta iniciativa ten tido eco na prensa. Estes son os enlaces onde podes consultar esta noticia



4º Abrazo ao Río Limia

Outro ano máis os nosos amigos e amigas do centros educativos das Lagoas e de Ponte de Limia visitaronos para descubrir o río Limia ao seu paso pola nosa vila. Acompañámolos para vistar algúns dos lugares máis singulares que temos ao noso redor. A ruta do río Faramontaos, a Torre de Pena e o Mosterio do Bon Xesús en Trandeiras, foron os elexidos nesta edición. Desde aquí queremos agradecer á ANPA do CEIP Rosalía e aos pais e profes que acompañaron aos cativos nesta vista, polo atentos que estiveron en todo momento para que todo saira tan ben. Do mesmo xeito tamén queremos mandarlles un cariñoso saludo a todos participantes da expedión portuguesa, esperando que estas experiencias teñan continuación ao longo dos años.


14/3/14

Xogando co atletismo

Esta mañá, un gran número de alumnos/as do cole participaron nas diferentes probas de atletismo que se desenvolveron na Moreira.
Nesta xornada practicouse o lanzamento de pelota, lanzamento de peso, salto de lonxitude, e carreira de velocidade (60m).
Ademáis dos/as atletas rosalianos/as tamén participaron nestas actividades outros colexios e agrupacións, como o colexio de Rairiz, o colexio de Vilar de Barrio e a agrupación deportiva Limiactiva.
Os/as rapaces regresaron ao colexio encantados despois de practicar deporte, almorzar con novos/as amigos/as e animar ao resto de participantes.
Aqui deixamos algunha imaxe para recordar o día.


Coñecendo o karate...

Onte, día 13, os/as rapaces/as do 2º ciclo recibiron a visita dun campión.
O sete veces campión do mundo de kick-boxing Cipri Gomes acercouse ao noso centro para mostrarlles os/as nenos/as os fundamentos máis básicos do karate, tanto no referente á súa historia, valores... como á súa práctica.
Esta visita xerou grande espectación no centro e axudou a achegar aos rapaces, unha vez máis, que o deporte non é só competición ou loita, senón que agocha moitos máis aspectos e valores.







9/3/14

Semana da prensa na escola

Do 10 ao 14 de marzo todos os centros escolares temos unha cita co mundo dos xornais. Coa Semana da Prensa pretendemos familiarizar ao noso 
alumnado con este medio de comunicación, que nos achega a realidade, próxima ou lonxana, e que pode ser un bo recurso para fomentar a lectura, introducir ou afianzar o uso de novas fontes de información, descubrir outras formas de comunicar, analizar con sentido crítico..., o que contribuirá a aumentar as súas competencias lingüísticas, culturais e sociais.



Velaquí algúns enlaces con propostas diversas:

https://sites.google.com/site/aprensanaescola/
https://sites.google.com/site/investigandoconmik/os-xornais

Día Internacional da Muller

Día Mundial da Muller 2014 recorda este 8 de marzo o empinado camiño que a muller tivo que percorrer na súa constante procura da igualdade. ¿Son distintos o home e a muller? ¿Están equiparados ambos os sexos na sociedade e a política? ¿ Considéranse indistintamente ambos os sexos no ámbito laboral? «A diferenza principal entre home e mullerredúcese ás perspectivas sociais que lle atribuímos a cada un de eles». «Sen a muller non habería vida». « Considérome igual ao home porque na vida loitamos xuntos, buscamos xuntos». Estas declaracións, en boca de distintas mulleres de procedencia, raza e idade diversa, demostran que se hai que recordalo é que aínda alguén o dubida. Porque aínda queda moito por facer. A pesar do terreo que ano a ano foi gañando o sexo feminino na batalla da non discriminación, hoxe en día, en pleno século XXI, as mulleres seguen enfrontándose a novas e complexas dificultades e, en moitos aspectos, as súas condicións seguen sendo precarias.

8 de marzo. Día Internacional de la Mujer