9/3/20

Reforzamos hábitos saudables

Un ano máis participamos no programa da Fundación Eroski "Coñece o teu súper", onde ademáis de darnos a coñecer a ampla oferta de alimentos saudables que podemos atopar no noso supermercado de barrio, aprendemos cales son bos para a nosa saúde, debendo estar máis presentes na nosa dieta cotiá e cales outros non son tan beneficiosos para nós, comenzando a facer que a súa presenza sexa cada vez máis esporádica.
Da man de Eva, aprendimos a recoñecer distintos alimentos e non so grazas a nosa vista, decatándonos que moitas veces comer "non só polos ollos" tamén é moi importante. 
E como finde festa, un super banquete feito con productos moi saudables cunhas presentacións moi orixinais preparadas polo persoal do supermercado Eroski da carretera de Celanova, que nos demostran que todo o san tamen é moi rico. Moitas gracias a todas elas! 
Alimentación saudable, compoñente básico do noso currículo!

Teatro, ruta cultural e Comisaría de Policía... Non paramos!!

Hoxe, o alumnado de terceiro e cuarto de educación Primaria asistiron á posta en escea de "Nana para un soldado". Esta obra, relata o encontro de dous soldados inimigos no frente, que terán que deixar a un lado as súas diferencias para facerse cargo dun pequeno imprevisto, o nacemento dun neno. Algo tan forte como é a guerra e a morte, e por outro lado, un nacemento, a vida, para facer unha reflexión sobre o absurdo das guerras e o necesario que é entenderse, escoitarse e respectarse.
Con grandes doses de humor e rodeados dun ambiente lírico, Ghazafelhos desenvolve unha das historias que non deixa indiferente a ninguén, e propón unha serie de actividades e recursos para que o profesorado de Educación Primaria utilice para abordar o tema nas aulas, sendo conscientes da necesidade dunha educación para a paz e a non violencia, baseada na igualdade de oportunidades e na diversidade enriquecedora das persoas, así como da eliminación de barreiras e fronteiras, por desgracia, tan de rabiosa actualidade.
Posteriormente, o alumnado de terceiro desprazouse ata a Comisaría da Policía Nacional en Ourense, onde Lorena amosounos toda a instalación e aprendemos un montón de cousas (tocamos o que é a defensa, o chaleco antibalas...) Estivemos no cuarto de reseña, calabozos (onde había dous detidos): teñen audio e cámaras; na oficina de denuncias, na exposición policial e no garaxe. Unha experiencia fantástica!
Por outra banda o alumnado de cuarto fixo un percorrido cultural polo casco histórico da cidade acompañad@s por Jose Ramón, técnico municipal da Oficina de Turismo de Ourense. Camiñamos polas estreitas rúas de Ourense, coñecimos un pouco mellor a Praza Maior, a Catedral e, por suposto, rematamos nas Burgas, emblema da cidade. Contar cunha visita guiada así, foi todo un luxo!


7/3/20

Visitamos a nova Biblioteca "Xeración Nós" de Ourense

Aproveitando a asistencia á representación de "O lobo e a lúa", o alumnado de Educación Infantil foi a coñecer as novas instalacións da nova Biblioteca Pública de Ourense "Xeración Nós", un espazo moi novidoso e con recunchos moi axeitados para est@s nov@s futuros lector@s... Pasaron unha mañá distinta chea de contos e historias marabillosas nun lugar máxico ao que voltar é unha obriga!!


Coñecemos un pouco máis as nosas institucións

Aproveitando o programa "Coñece as túas institucións" da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o alumnado de quinto de Educación Primaria visitou o Edificio Administrativo de San Caetano da Xunta de Galicia e o Parlamento Autonómico en Santiago de Compostela. Temos que agradecer o trato recibido polas persoas que nos acompañaron nestas visitas, que nos explicaron dun xeito moi didáctico o funcionamento destas dúas institucións e respostaron dun xeito moi paciente a todas as cuestións e inquedanzas que lle propuxo o noso alumnado.

Aproveitamos a xornada para visitar tamén o Centro Galego de Arte Contemporánea, onde vistamos as dúas exposicións que a día de hoxe están alí presentes,  Museo (do ermitán) Man e "Crebas" de Francesc Torres. Despois fixemos un taller moi dinámico e interesante sobre o aproveitamento das "crebas" (todo aquel material de refugallo que o mar devolve ás nosas costas) fío conductor, tamén, das dúas exposicións que visitamos, cocienciándonos da importancia do coidado do noso medio natural.

En resumo, un día intenso, cheo de vivencias e aprendizaxes que enriqueceron, sen dúbida, o vagaxe vital do noso alumnado.

6/3/20

Actividades de sensibilización con motivo do 8 M

Realizadas pola Cruz Vermella e o CDR O Viso nos CEIPs e IES da comarca e da vila. Velaquí unhas imaxes dunha das dúas sesións realizadas na biblioteca do noso Centro. Moitas grazas!




E aquí o convite a participar noutra manchea de interesantes actividades estes días. Non as podes perder!!!

3/3/20

A diversidade mola!

O alumnado de sexto de Educación Primaria participou na primeira das tres sesións programadas do obradoiro de igualdade e diversidade impartido polas educadoras sociais  Uxía Fernández Cordeiro e Ana Pérez Cardoso.
Este taller englóbase dentro das moitas actividades que este ano o centro vén ou está a realizar para coincienciar a toda a nosa Comunidade Educativa do fundamental que é recoñecernos uns aos outr@s como diferentes pero iguais en dereitos e en trato. Son valores fundamentais que deben estar no máis alto como seres humanos e polos en práctica ao longo da nosa vida.








27/2/20

Traballamos valores de igualdade... e buscamos a lúa!


Hoxe o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria desprazouse, acompañado polo profesorado do centro, ata o Auditorio da Casa da Cultura de Xinzo de Limia para asistir á obra de monicreques "Ú-la lúa", posta en escea pola Xanela do Maxín.

U-la Lúa? é dunha proposta escénica onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.
Lúa é unha gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa. Non ten irmáns e a avoa lle deixa saír fóra, mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar.

Unha mañá chea de aprendizaxes e diversión!!










Eu son... Rosalía. Somos Rosalía

Neste 27 e 28 de febreiro estamos celebrando (lendo, recitando, aprendendo, lembrando...) a Rosalía de Castro. Aínda que o 24 foi o seu día, nós estabamos de entroido polo que retomamos este xoves e venres a Rosalía.
Velaquí un par de enlaces:  a unha cantiga


e a un programa de radio feito polo alumnado de quinto de primaria do CEIP Plurilingüe de Foz dende a súa emisora "Chicharriños nas ondas."
https://drive.google.com/file/d/1yUO6XDE0ijPK2h3IL8FiltuhwdXbuyGO/view

Velaquí unha mostra dos traballos feitos e colgados nos taboleiros de entrada ó edificio principal: parabéns, artistas!




23/2/20

Gran Desfile Infantil CEIP Rosalía de Castro. Xinzo de Limia

Gran vídeo do Desfile Infantil do Entroido 2020 do CEIP Rosalía de Castro!! Non o podedes perder!!


Desfile de Entroido 2020 (Primeira parte)

Aquí tedes o primeiro vídeo realizado coa selección de marabillosas fotos que fixo o noso amigo, pai e gran colaborador do cole @pepenocelojar. Moitísimas grazas coma sempre, Pepe!






22/2/20

Comadres 2020

Xoves de "revancha". È a quenda dos mozos de escapar coa súa comadre na man para ridiculizar ás súas compañeiras.Será misión delas.... Que non quede ningunha!!



Aprendemos a ser Pantalla

Dentro dunha nova serie de actividades que as compañeiras de 4ª de Educación Infantil teñen previstas realizar coas familias do seu alumnado, esta semana visitáronlles Jonatan, o pai de Manu, e David, o padriño de Nelson, para amosaren que significa ser Pantalla e como debemos respectar ao máximo á figura chave do noso Entroido. Ser Pantalla é un orgullo e debemos vestir este traxe seguindo toda a súa longa tradición... e, por suposto, irlle perdendo o medo pouco a pouco... Aínda que son tan pequeniñ@s....

20/2/20

Día internacional da Lingua Materna

O día internacional da Lingua Materna que se celebra este venres, día 21, propugna o multilingúísmo como medio de promover e preservar a diversidade de idiomas e culturas en todo o mundo.


Esta iniciativa partiu de Bangladés. Foi aprobada na Conferencia Xeral da Unesco de 1999 e celébrase anualmente os 21 de febreiro desde o ano 2000.

A lingua materna é aquela na que os nen@s aprenden a falar e a relacionarse co seu contorno máis próximo. Neste 2020 quérese lembrar o valor dos idiomas que son á súa vez locais e transfonteirizos para promover o diálogo pacífico e axudar a promover o patrimonio cultural dos pobos que o falan. O galego é dalgunha maneira unha lingua transfonteiriza na medida en que serve como ponte con Portugal e coa lusofonía.

A diversidade lingúística atópase cada vez máis amenazada, cun maior número de linguas que desaparecen. Cada dúas semanas, como promedio, morrre unha lingua, levando coa súa desaparición todo un patrimonio cultural e intelectual.

Deseña unha xoia para a túa nai

Convocatoria XI certame 

A Federación Galega de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros, en colaboración co Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (Coxga) convoca o XI Certame "Deseña unha xoia para a túa nai", dirixido  a escolares de educación infantil e primaria de Galicia, con idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos (inclusive), con ocasión da celebración do Día da Nai.

Esta iniciativa, que acadou un gran éxito nas pasadas edicións, ten como obxectivo impulsar a expresión artística dende unha idade temperán e despertar nos nenos e nas nenas a curiosidade polo mundo do deseño, ademais de achegar ó conxunto da sociedade unha profesión de gran arraigo e tradición en Galicia.

Ademais, este divertido proceso de creación, que culmina coa execución dos deseños gañadores polos nosos profesionais, permítelle ós pequenos deseñadores ver unha aplicación práctica á súa creatividade, servindo de apoio á súa formación.

Como os pasados anos, este ano temos por toda Galicia unha pequena rede de Establecementos Colaboradores nos que se poden recoller os dípticos para participar e tamén entregalos co deseño realizado. Estes establecementos encárganse de facer chegar á oficina do COXGA, a tempo, todos os dípticos participantes para que os valore o Xurado.

O establecemento colaborador que está máis preto de nós é o de María Lazuli en Allariz

María GomesPaseo de Porto Bello, 25Allariz(Ourense)988 442 597

As bases completas do concurso poden consultarse premendo aquí.
Os dípticos de participación tamén poden descargarse premendo aquí.
A data límite para presentar un deseño é o venres 27 de marzo 2020.
Os deseños finalistas do ano pasado poden consultarse todos premendo aquí.
Os deseños gañadores e as xoias realizadas do ano pasado poden consultarse premendo aquí.
Pinchando aquí pódese ver un vídeo de todo o proceso do Certame.

19/2/20

Os beneficios da natureza para as crianzas

Montessori escribiu: ”nada pode substituír a andar nos bosques e escoitar os paxaros, buscar caracois na praia, ou ver o crecemento diario dunha flor no xardín. Desde o comezo da vida é vital manter a conexión entre o nen@ e a natureza “.

Interesante artículo de "La vanguardia" los-beneficios-de-la-naturaleza-para-los-ninos.

 

Para los niños, la naturaleza es parque de atracciones, excelente medicina y aula de aprendizaje. El contacto con ella mejora la salud, la capacidad de atención, el desarrollo motor y cognitivo, la autonomía, la seguridad, la adquisición de valores...

18/2/20

Exposición de Pósteres: preparando os encontros PLAMBE

Como nestes últimos cursos, nos Encontros PLAMBE teremos unha exposición de pósteres nos que se presenta algunha iniciativa ou experiencia das bibliotecas. Estos serán expostos nunha zona habilitada para este fin e durante a xornada teremos un tempo para que os responsables comenten a súa presentación e resolvan dúbidas.

Este ano queremos centrarnos en dous aspectos concretos:

- Os obxectivos 2030 na biblioteca escolar, referidos tanto á promoción dunha educación de calidade, na protección e salvagarda do patrimonio cultural, na promoción do acceso á información e ás tecnoloxías da información e a comunicación, á igualdade, á sustentabilidade, á inclusión ...

-A biblioteca escolar como viveiro de cidadanía. Accións promovidas desde a biblioteca escolar como espazo de encontro, diálogo, lectura crítica, reflexión, investigación, creación ...

No enlace, o documento coas características técnicas do póster. 

17/2/20

Propostas da AELG para o Día de Rosalía


Propostas da AELG para a celebración do Día de Rosalía no ensino
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.
Por iso, para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, a AELG convida a celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra, ideadas a partir do manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro, creado nesta ocasión polo escritor Daniel Asorey.
O lema da proposta, Errantes polo mundo, pode desenvolverse a través de actividades que permitan ao alumnado observar e reflexionar sobre a vixencia do amplo abano de inxustizas sociais, incluída a situación da lingua galega, presentes na obra de Rosalía de Castro.
Para isto, despois de facer un repaso da figura literaria da Autora, e dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa da súa obra, propoñemos para o venres 21 de febreiro a realización das seguintes actividades:
  • Suxerimos que o alumnado traballe fotos, debuxos, fotos pintadas, editadas, gravados… que tratasen o tema das migracións actuais, baixo o lema #ErrantesPoloMundo_rdc_20. As fotos, debuxos, gravados, etc., terán como pé versos de Rosalía que traten as migracións en todos os seus aspectos (a soidade de quen fica, a morriña de quen vai, a dor, o medo, o desamparo, a xenofobia, a explotación, os conflitos…). Trataríase de textos que o alumnado e profesorado estimen interesantes (por exemplo, os poemas “Airiños airiños, aires”, “Adios rios, adios fontes”, “Castellanos de Castilla”, “Vivir para ver”, “Tecín soia a miña tea”, “Pra a Habana!”, “¿Que lle digo?”, “Tan sóio”, “Daquelas que cantan”, “Amores cativos” ou “A xustiza pola man”).
  • Tamén se podería ampliar a elección das fotografías, deseños e versos a aqueles teñan en conta a idea de errante na elección da identidade sexual, afectiva e de xénero, a partir, igualmente, dos versos de Rosalía que o alumnado considere acaídos.
  • Todas as fotos, deseños, gravados… cos seus versos como pé, poderían encher os corredores dos centros e divulgarse en redes sociais como Instagram, Facebook, Twitter…, tamén baixo o lema #ErrantesPoloMundo_rdc_20
  • Como remate poderíase realizar unha actividade de Postcrossing (enviar esas postais cun verso de Rosalía no pé sobre o tema #ErrantesPoloMundo_rdc_20 a outras persoas). As postais pódense enviar individualmente, entre clases ou entre centros, ben por correo postal ou empregando as redes sociais como Whatsapp, Telegram… Despois pódense compartir as recibidas, ben fisicamente, ben nas redes sociais.
  • En relación a esta proposta de actividades, recomendamos encarecidamente que se usen imaxes con dereitos de uso libre en internet (indicando, en todo caso, a fonte desde a que se obteñen).
A documentación gráfica xerada por estas actividades será compartida nas correspondentes redes ou medios de difusión do centro educativo, antes do 24 de febreiro, ou ese mesmo día, coa etiqueta #ErrantesPoloMundo_rdc_20. A AELG comprométese a colaborar na difusión da mesma a través da súa web e redes sociais, para o que agradecemos que se envíe noticia das actividades ao correo oficina@aelg.org. A este mesmo correo podedes comunicarnos a vosa intención de participar nesta iniciativa ou noutras coas que o voso centro celebre o Día de Rosalía 2020, para a irmos facendo constar na nosa web.
Desde a AELG, convidamos á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo.

16/2/20

Compadres 2020

Seguindo o ciclo máis longo do Entroido do mundo, e despois do Domingo Fareleiro e Oleiro, chegamos a este Xoves de Compadres, onde os nenos do noso cole persiguen ás nenas que levan un moneco (compadre) co que intentan ridiculizalos... e eles fan todo o posible por impedilo! Carreiras, "loitas" e demáis estratexias están permitidas.... Non perdades as fotos desta "loita de sexos" (sempre amigable)

13/2/20

Medrar no rural: A naturaleza como escola e outros xeitos de habitar




Día Mundial da Radio: A radio na biblioteca, concurso de podcast


https://issuu.com/ceipigrexacandean/docs/introduci_n_para_traballar_a_radio_2.0

No ano 2013 a ONU aprobou a proclamación da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación de Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a coperación internacional entre os organismos de radiodifusión."
Este ano celébrase co lema: "Diálogo, tolerancia e paz" e o poder da radio para promover o entendemento e as cominidades poderosas. Convocan un concurso  para participar cunha producción sonora de dous minutos arredor do tema deste ano.
Animamos a que participen os 50 centros que forman parte do programa de Radio na biblio e  todos aqueles que contan cunha emisora de radio. É un bo momento para difundir as experiencias que promoven o traballo colaborativo en ambientes de tolerancia, respecto e integración.



Na imaxe, os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe de Carballedo (Cerdedo-Cotobade) entrevistando ao alcalde.