25/11/19

25 Novembro no Ceip Rosalía

Do 25 ó 29 de novembro na Biblioteca: lecturas, vídeos, cancións, actividades, accións....
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

"Cantos séculos necesita a razón para chegar á xustiza que o corazón comprende instantaneamente" (Concepción Arenal, 1820 -1893)
"A violencia cea máis problemas sociais que os que resolve" (Martin Luther King, 1929 - 1968)
  





Visitamos a Feira da Pataca

Durante a semana pasada varios grupos do noso cole visitamos a I Feira da Pataca dentro da ALIMAGRO 2019 na Praza Carlos Casares. Coñecimos de primeira man todo o relacionado co producto bandeira na nosa agricultura e como diferentes sectores póñeno en valor. Agradecer ao Concello de Xinzo de Limia o seu convite para asistir á Feira e a todos as empresas que alí estaban o trato que nos deron nesta visita. Preme no enlace para ver as fotos desta xornada

21/11/19

O ben-estar/estar-ben un dereito da infancia

C. PROFESIONAL, DEREITOS INFANCIA
O ben-estar/estar-ben un dereito da infancia 
In ReflexionArte on 19/11/2016 
Chema Madoz

 Con motivo da conmemoración do Día Universal do Neno, as redes sociais e medios de comunicación encheranse de denuncias de situacións de vulneración dos seus dereitos, de ausencia flagrante na atención ás súas necesidades máis básicas, de manifestos, de declaracións, de citas, de exposicións, de xestos, de contos, de curtametraxes e de outras moitas accións necesarias pero non suficientes. 
De calquera modo, en moitos casos non pasa de aí. Pasou o día e pasou a romaría. Nós, hoxe, queremos fixar a mirada no día a día, no cotiá, no que temos preto de nós, no que vemos (ou no que non queremos ver) nas escolas: a carencia de benestar de moitos nenos e nenas, entendendo o benestar como estar-ben ou ben-estar, o que sería o resumo e finalidade última de todos os dereitos. 

Levar moitos anos no ensino e ter xa anos dabondo permítenos unha mirada comparativa da calidade de vida dos nenos. Calidade, esa palabra tan polisémica e de natureza tan multifactorial que nos últimos tempos se asocia á existencia de condicións en moitos casos irrelevantes. Calidade de vida e benestar no noso contexto fai referencia ao cumprimento dunhas características sobre o estilo de parentalidade que establecen os pais/nais cos fillos; ao establecemento dunhas normas axustadas á idade dos cativos; á atención que se lle dispensa para a cobertura das súas necesidades de hixiene, alimentación, descanso, movemento, sanitarias, educativas, relacionais, afectivas, emocionais e de apego positivo; e como non, á existencia duns referentes adultos que sexan modelos de fala, de actitude, de valores, de ser e de estar na vida. 
Pois aquí é onde nos atopamos o problema: no noso mundo, na nosa sociedade (non noutras distantes ou descoñecidas), hai cada vez máis nenos e nenas que carecen do anteriormente exposto. E a isto non se lle está a prestar a debida atención; non queremos dicir que pase desapercibido pero, como hai outras cuestións máis urxentes, pasa a formar parte da normalidade, dicimos que é contextual. Os docentes temos indicios dabondo para detectar todas esas situacións: a falta de aseo ou de sono, a inxesta con voracidade, o comportamento dos pequenos, as expresións, as anécdotas ou episodios familiares que nos contan, a falta de hábitos adecuados aos distintos momentos, etc; o que podemos complementar coa imaxe que nos causan os proxenitores e coas escenas nos que os vemos xuntos (cando se despiden, cando os recollen ou cando os recibimos en titoría). 
Non fai falla ser moi sagaces para conformarse unha idea bastante aproximada do seu estilo e condicións de vida así como da forma na que educan e se relacionan. Coméntase na escola, laiámonos da mala sorte dalgúns pequenos, reprobamos a algúns pais pero pouco máis facemos. A razón é sempre a mesma, pensamos que a nosa opinión está sometida á nosa subxectividade e que é demasiado drástica a adopción de medidas xa protocolizadas polos servizos sociais. Ninguén quere meterse en conflitos cos proxenitores e argumentan que para chegar á denuncia por maltrato deben existir riscos de maior gravidade. Adoitamos dicir que non pretenden facerlle mal intencionadamente aos fillos, tan só que non saben ser pais/nais. Poden valernos todas esas xustificacións, agora ben, cómpre recordar que o noso principal obxectivo é o benestar do neno ou nena, independentemente de que sexamos quen de comprender as adversas circunstancias dos seus pais.
 A neglixencia no trato aos nenos está tipificada coma unha forma de maltrato infantil, así como o abandono educacional, sendo moito máis frecuentes do que pensamos, abonda con ver algunhas das súas formas:
-Neglixencia física cando non se lles prové de alimentación adecuada, vestido e condicións de salubridade no fogar, de supervisión adecuada para evitar riscos físicos ou accidentes por descoido, ou cando deixalos sen comida é unha ameaza ou castigo.
 -Neglixencia educativa, tanto por non levalos á escola con regularidade e normalidade de horarios, como polo tempo que se lle permite aos cativos a exposición ás pantallas.
 -Neglixencia psicolóxica e emocional, cando aos pequenos se lles ignora, se lles deixa sos ou en soidade, cando as ameazas e os abusos verbais forman parte da súa cotidianeidade.
 -Neglixencia médica, cando os coidados sanitarios son inapropiados á idade e condicións de saúde dos nenos ou cando non se seguen os procedementos e instrucións recomendadas polos médicos.
  Desafortunadamente seguro que moitas e moitos de nós a estas alturas xa temos un neno ou nena en mente, e que podemos facer desde a escola? Non é unha inferencia nin unha intromisión velar polo benestar dos nenos. Escoitar e falar cos pais, aconsellalos, facerlles ver que nos decatamos de esas anomalías na atención dos seus fillos, mesmo facilitarlles os contactos con organismos e institucións que poden axudalos ao tempo que, advertilos que de persistir esas situacións de risco, antepoñeremos o benestar do neno ou nena sobre todas as demais cousas.
 Insistimos unha vez máis en que na escola hai que educar nos dereitos, pero tamén cumprir coa nosa responsabilidade de garantir o acceso de todos os nenos a eses dereitos. Non é unha cuestión de valentía senón de compromiso profesional.

19/11/19

Adriana no " Ti tamén contas"



Moitísimas grazas a Adriana que unha vez máis participou na biblioteca agasallando cuns contiños ó alumnado de infantil.
Grazas tamén a Marta que nos achegou unha proposta que acollemos e puxemos en marcha posibilitando así que estivera o alumnado de 3, 4 e 5 anos xuntos e non por niveis ou aulas como tiñamos feito ata agora.
E a tod@s os que facedes posible que isto funcione.

Teatro na Casa de Cultura


14/11/19

14 de novembro: día mundial contra a Diabetes


Protexe a túa familia

Novembro 2019 marca o segundo ano da campaña dedicada á familia e a diabetes. O lema da campaña deste ano é “Diabetes: Protexe a túa Familia”
Un estudio levado a cabo pola Federación Internacional de Diabetes (FID) revela que moitos pais/nai terían dificultades para detectar os signos de alerta da diabetes nos seus propios fillos. A pesar de que á mayoría dos que se lles preguntou tiñan un familiar con diabetes, 4 de cada 5 pais/nais terían dificultades para recoñecer os signos de alerta. 1 de cada 3 non os reconocería en absoluto.
O principal obxectivo da campaña é aumentar a concienciación sobre o impacto que a diabetes ten sobre a familia e promocionar o papel da familia na xestión, a atención, a prevención e a educación da condición do diabétic@.

Diabetes: Protege a túa familia

https://www.fundaciondiabetes.org/diamundial

https://www.lavanguardia.com/vida/20191114/dia-mundial-contra-diabetes-que-es-enfermedad-14-noviembre-video-

https://www.lavanguardia.com/vida/salud/enfermedades/diabetes-insulina-pancreas-diabetes-tipo-1-diabetes-tipo-2-diabetes-gestacional.html

13/11/19

"Bibliopatio": dinamizando os recreos e contribuíndo ó fomento da lectura

Actividade "ó aire libro" 




Co alumnado de 5º de Primaria como axudantes puxemos en marcha unha actividade que axude a fomentar o gusto pola lectura e a posibilidade de gozar dos libros no patioOutra achega do equipo de dinamización da biblioteca escolar para posibilitar que ó aire libre ("ó aire libro") gocemos de estampas como as de varias crianzas gozando dalgún libro, de nenas que lle len a nenos, dalgún neno que lle enseña a outro o descubrimento que atopou nunha revista, nun libro, ó aire libre.Os axudantes da biblioteca, perfectamente identificados coa camiseta que así o indica, pasean polo patio e posibilitan que o alumnado poida coller un libro, revista... que levan no carro. Sabe, porque así llo fan saber os que lle fan o préstamo que no remate do recreo debe devolver o libro ó carro que estará ó lado do banco baixo as imaxes de Rosalía, na entrada ás aulas de primaria, no edificio principal, cun cartel que identifica ese recuncho: Bibliopatio.Se quixese levar ese libro para a casa, sei que teño que ir á biblioteca para poder formalizar o préstamo, como cos demais libros (achegando o dato do meu número de socio da B.E.). Moitas grazas ó alumnado de 5º de primaria por asumir esta responsabilidade e propiciar, que nos nosos tempos de lecer teñamos máis opcións, cada día, de pasalo moi ben.  





12/11/19

Sen magosto, pero con Dávide aprendendo Italia

 



Aínda que Luís e Pepe andaron a preparar o tixolo e ata queimaron a leña o mal tempo imposibilitou que poideramos celebrar o magosto no Ceip. 
Unha mágoa porque ademais tiñamos hoxe no cole a Dávide, un mozo italiano que está a prestar o SVE (Servizo de Voluntariado Europeo) no CDR O Viso e que nos veu a falar do seu pais. Non poidemos amosarlle o noso magosto pero el si que nos aprendeu moitas cousas no espazo creativo sobre Italia:
Aprendemos algunhas palabras italianas: benvenuti, grazie, lo stivale... Comparamos a extensión e poboación coa de España. Contounos algúns episodios da historia (imperio romano) e ata a Festa della Repubblica (2 de xuño). 
"Viaxamos" por algunhas cidades e situamos nelas algo característico: Roma (Coliseum e a lenda da loba amamantando a Rómulo e Remo), Milán (Duomo), Venecia (carnaval e góndolas), Nápoles ( Vesubio, volcán), Florencia e Pérgamo (de onde é Dávide). 
E preguntámoslle, como non, pola pizza así que tamén nos falou da lasaña, risotto, queixos, viños, o  tiramisú e a stracciatella. E de fútbol, ciclismo (giro e a maglia rosa), carreiras de cabalos (Palio de Siena, de orixe medieval nas que pode gañar un cabalo que chegue sen xinete), Ferrari...
Moitas grazas, Dávide!!!

4/11/19

Novembro. Datas sinaladas



6 : Día para  a prevención da explotación do medio ambiente nas guerras
10: Día mundial da ciencia para a paz e o desenvolvemento
16: Día internacional do Patrimonio Mundial
20: Día internacional dos dereitos do nen@
24: Darwin publica A orixe das especies, en 1859
29: Día mundial sen compras


Exposición na Casa de Cultura de Xinzo

29/10/19

Progresismo ou ignorancia historica?


No século XIX, emigrantes escoceses e irlandeses levaron aos EEUU o Samhain onde lle chamaron Halloween (véspera do santo). Os celtas co Samhain, o día un de novembro, tranquilizaban os poderes do outro mundo, lembraban aos antepasados e propiciaban a abundancia das colleitas. Reuníase unha gran multitude no nemeton, claro do bosque, porque era unha festa obrigatoria. Quen non asistía corría o perigo de perder a razón. Crendo que poñían unha pica en Flandes, Cazadores de novidades e mercadores de sentimentos, todos moi progres, importaron de EEUU o Halloween crendo que poñían unha pica en Flandes.

Texto do noso veciño e amigo Manuel Mandianes Castro. Antropólogo. Loureses. Os Blancos


https://hipertextual.com/2016/10/halloween-samain

25/10/19

X Festival de Coros de Música Popular


Axudant@s da B.E. e animador@s do Espazo Creativo

Despois de facer unha campaña entre o alumnado de 6º de primaria que quixeran coidar da biblioteca durante os recreos, axudar a mantela ordenada, aprender e colocar os libros segundo as normas que temos, colaborar nas actividades da B.E, aprenderlles ós máis pequen@s a coidala... en defitiva ser referentes da Charca dos libros. 
Despois de presentar o seu currículo, facer unha pequena formación e asinar un Comprométome a:
·         Ser axudante durante o curso 2019/20.
·         Facer as actividades que me propoñan os profes do Equipo da Biblioteca.
·         Manter a orde na zona que me corresponda.
·         Axudar a localizar os libros que me piden os compañeir@s.
·         Empregar sempre boas maneiras: falo en voz baixa, non me enfado, non rifo…

Temos un equipo de persoas que fai posible que a biblioteca do Ceip funcione mellor. Moitas grazas                                                         






ESPAZO CREATIVO
SEMANA
OUTUBRO
1
AXUDANTES

1          
2
3
4
2
AXUDANTES
7
8
9
10
11
3
14
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
ESCORNARÁ
CONSTRUCIÓNS

15
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
ESCORNARÁ
CONSTRUCIÓNS
16
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
ESCORNARÁ
CONSTRUCIÓNS
17
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
ESCORNARÁ
CONSTRUCIÓNS
18
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
ESCORNARÁ
CONSTRUCIÓNS
4
21
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
ESCORNARÁ
CONSTRUCIÓNS
22
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
ESCORNARÁ
CONSTRUCIÓNS

23
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
ESCORNARÁ
CONSTRUCIÓNS
24
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
ESCORNARÁ
CONSTRUCIÓNS
25
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
ESCORNARÁ
CONSTRUCIÓNS
5
28
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
CONSTRUCIÓNS

29
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
CONSTRUCIÓNS

30
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
CONSTRUCIÓNS

31
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
CONSTRUCIÓNS


NOVEMBRO
6
4
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
CONSTRUCIÓNS

5
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
CONSTRUCIÓNS

6
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
CONSTRUCIÓNS

7
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
CONSTRUCIÓNS

8
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
CONSTRUCIÓNS

7
11
ORDENADORES

12
ORDENADORES

13
ORDENADORES

14
ORDENADORES

15
ORDENADORES

8
18
ORDENADORES

19
ORDENADORES

20
ORDENADORES

21
ORDENADORES

22
ORDENADORES

9
AXUDANTES
25
26
27
28
29