19/11/19
Teatro na Casa de Cultura
biblioteca escolar
ANPA,
biblioteca creativa,
casa da cultura,
ceiprosalia,
outros,
teatro
15/11/19
14/11/19
14 de novembro: día mundial contra a Diabetes
Protexe a túa familia
Novembro 2019 marca o segundo ano da campaña dedicada á familia e a diabetes. O lema da campaña deste ano é “Diabetes: Protexe a túa Familia”.
Un estudio levado a cabo pola Federación Internacional de Diabetes (FID) revela que moitos pais/nai terían dificultades para detectar os signos de alerta da diabetes nos seus propios fillos. A pesar de que á mayoría dos que se lles preguntou tiñan un familiar con diabetes, 4 de cada 5 pais/nais terían dificultades para recoñecer os signos de alerta. 1 de cada 3 non os reconocería en absoluto.
O principal obxectivo da campaña é aumentar a concienciación sobre o impacto que a diabetes ten sobre a familia e promocionar o papel da familia na xestión, a atención, a prevención e a educación da condición do diabétic@.
Diabetes: Protege a túa familia
https://www.lavanguardia.com/vida/20191114/dia-mundial-contra-diabetes-que-es-enfermedad-14-noviembre-video-
https://www.lavanguardia.com/vida/salud/enfermedades/diabetes-insulina-pancreas-diabetes-tipo-1-diabetes-tipo-2-diabetes-gestacional.html
13/11/19
"Bibliopatio": dinamizando os recreos e contribuíndo ó fomento da lectura
Actividade "ó aire libro"

Co alumnado de 5º de Primaria como axudantes puxemos en marcha unha actividade que axude a fomentar o gusto pola lectura e a posibilidade de gozar dos libros no patioOutra achega do equipo de dinamización da biblioteca escolar para posibilitar que ó aire libre ("ó aire libro") gocemos de estampas como as de varias crianzas gozando dalgún libro, de nenas que lle len a nenos, dalgún neno que lle enseña a outro o descubrimento que atopou nunha revista, nun libro, ó aire libre.Os axudantes da biblioteca, perfectamente identificados coa camiseta que así o indica, pasean polo patio e posibilitan que o alumnado poida coller un libro, revista... que levan no carro. Sabe, porque así llo fan saber os que lle fan o préstamo que no remate do recreo debe devolver o libro ó carro que estará ó lado do banco baixo as imaxes de Rosalía, na entrada ás aulas de primaria, no edificio principal, cun cartel que identifica ese recuncho: Bibliopatio.Se quixese levar ese libro para a casa, sei que teño que ir á biblioteca para poder formalizar o préstamo, como cos demais libros (achegando o dato do meu número de socio da B.E.). Moitas grazas ó alumnado de 5º de primaria por asumir esta responsabilidade e propiciar, que nos nosos tempos de lecer teñamos máis opcións, cada día, de pasalo moi ben.
12/11/19
Sen magosto, pero con Dávide aprendendo Italia
Aínda que Luís e Pepe andaron a preparar o tixolo e ata queimaron a leña o mal tempo imposibilitou que poideramos celebrar o magosto no Ceip.
Unha mágoa porque ademais tiñamos hoxe no cole a Dávide, un mozo italiano que está a prestar o SVE (Servizo de Voluntariado Europeo) no CDR O Viso e que nos veu a falar do seu pais. Non poidemos amosarlle o noso magosto pero el si que nos aprendeu moitas cousas no espazo creativo sobre Italia:
Aprendemos algunhas palabras italianas: benvenuti, grazie, lo stivale... Comparamos a extensión e poboación coa de España. Contounos algúns episodios da historia (imperio romano) e ata a Festa della Repubblica (2 de xuño).
"Viaxamos" por algunhas cidades e situamos nelas algo característico: Roma (Coliseum e a lenda da loba amamantando a Rómulo e Remo), Milán (Duomo), Venecia (carnaval e góndolas), Nápoles ( Vesubio, volcán), Florencia e Pérgamo (de onde é Dávide).
E preguntámoslle, como non, pola pizza así que tamén nos falou da lasaña, risotto, queixos, viños, o tiramisú e a stracciatella. E de fútbol, ciclismo (giro e a maglia rosa), carreiras de cabalos (Palio de Siena, de orixe medieval nas que pode gañar un cabalo que chegue sen xinete), Ferrari...
Moitas grazas, Dávide!!!
4/11/19
Novembro. Datas sinaladas
6 : Día para a prevención da explotación do medio ambiente nas guerras
10: Día mundial da ciencia para a paz e o desenvolvemento
16: Día internacional do Patrimonio Mundial
20: Día internacional dos dereitos do nen@
24: Darwin publica A orixe das especies, en 1859
29: Día mundial sen compras
29/10/19
Progresismo ou ignorancia historica?
No século XIX, emigrantes escoceses e irlandeses levaron aos EEUU o Samhain onde lle chamaron Halloween (véspera do santo). Os celtas co Samhain, o día un de novembro, tranquilizaban os poderes do outro mundo, lembraban aos antepasados e propiciaban a abundancia das colleitas. Reuníase unha gran multitude no nemeton, claro do bosque, porque era unha festa obrigatoria. Quen non asistía corría o perigo de perder a razón. Crendo que poñían unha pica en Flandes, Cazadores de novidades e mercadores de sentimentos, todos moi progres, importaron de EEUU o Halloween crendo que poñían unha pica en Flandes.
https://hipertextual.com/2016/10/halloween-samain
25/10/19
Axudant@s da B.E. e animador@s do Espazo Creativo
Despois de facer unha campaña entre o alumnado de 6º de primaria que quixeran coidar da biblioteca durante os recreos, axudar a mantela ordenada, aprender e colocar os libros segundo as normas que temos, colaborar nas actividades da B.E, aprenderlles ós máis pequen@s a coidala... en defitiva ser referentes da Charca dos libros.
Despois de presentar o seu currículo, facer unha pequena formación e asinar un Comprométome
a:
·
Ser axudante
durante o curso 2019/20.
·
Facer as actividades que me propoñan os profes do
Equipo da Biblioteca.
·
Manter a orde na zona que me corresponda.
·
Axudar
a localizar os libros que me piden os compañeir@s.
·
Empregar
sempre boas maneiras: falo en voz baixa, non me enfado, non rifo…
Temos un equipo de persoas que fai posible que a biblioteca do Ceip funcione mellor. Moitas grazas
ESPAZO
CREATIVO
|
||||||
SEMANA
|
OUTUBRO
|
|||||
1
|
AXUDANTES
|
1
|
2
|
3
|
4
|
|
2
|
AXUDANTES
|
7
|
8
|
9
|
10
|
11
|
3
|
6º
|
14
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
ESCORNARÁ
CONSTRUCIÓNS
|
15
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
ESCORNARÁ
CONSTRUCIÓNS
|
16
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
ESCORNARÁ
CONSTRUCIÓNS
|
17
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
ESCORNARÁ
CONSTRUCIÓNS
|
18
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
ESCORNARÁ
CONSTRUCIÓNS
|
4
|
5º
|
21
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
ESCORNARÁ
CONSTRUCIÓNS
|
22
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
ESCORNARÁ
CONSTRUCIÓNS
|
23
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
ESCORNARÁ
CONSTRUCIÓNS
|
24
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
ESCORNARÁ
CONSTRUCIÓNS
|
25
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
ESCORNARÁ
CONSTRUCIÓNS
|
5
|
4º
|
28
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
CONSTRUCIÓNS
|
29
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
CONSTRUCIÓNS
|
30
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
CONSTRUCIÓNS
|
31
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
CONSTRUCIÓNS
|
|
NOVEMBRO
|
||||||
6
|
3º
|
4
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
CONSTRUCIÓNS
|
5
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
CONSTRUCIÓNS
|
6
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
CONSTRUCIÓNS
|
7
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
CONSTRUCIÓNS
|
8
ORDENADORES
EXPERIMENTOS
CONSTRUCIÓNS
|
7
|
2º
|
11
ORDENADORES
|
12
ORDENADORES
|
13
ORDENADORES
|
14
ORDENADORES
|
15
ORDENADORES
|
8
|
1º
|
18
ORDENADORES
|
19
ORDENADORES
|
20
ORDENADORES
|
21
ORDENADORES
|
22
ORDENADORES
|
9
|
AXUDANTES
|
25
|
26
|
27
|
28
|
29
|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

























