24/10/19

Entega de carnés da B.E. ó alumnado de Primeiro



Nesta semana especial por ser o 24 o día internacional das bibliotecas, o alumnado de 1º de primaria celebramos dúas xornadas especiais. Dúas sesións na biblioteca (martes, os de 1º B e xoves, os de 1º A) onde da man dalgúns membros do Equipo Dinamizador da B.E. tivemos un primeiro encontro e o acto formal de entrega de carnés de lector@s sociaos; así que lembramos as normas de funcionamento, gozamos dun conto ou breve película dun persoeiro "coñecido" que vai á biblioteca e xa se poideron levar libros para a casa...
Pero o momento que queda recollido para a historia é cando se lles fai entrega dos carnés de lector@s soci@s da Charca dos libros e, polo tanto, da Rede de Bibliotecas de Galicia. Velaquí algunhas imaxes para a lembranza.
http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d299275732kP980907165o2l1/carnés-1-primaria-curso-201920

LETHES - Cadernos culturais do Limia


23/10/19

24 de outubro: Día da Biblioteca



O 24 de outubro é o Día da Biblioteca; no noso país está dedicado especialmente ao público infantil e xuvenil. Desde o ano 1997 A Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil promove a celebración do Día da biblioteca .
A proposta xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, en recordo da destrución da Biblioteca de Saraievo, incendiada o 1992 durante o conflito balcánico.
A iniciativa naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.
Preténdese educar aos nenos e maiores nos valores da lectura e a cultura, destacar como non, a misión das bibliotecas como centros socializadores e integradores e demostrar que os libros están ao alcance de todos os veciños.
Este ano difúndense 5000 carteis de Carme Solé e o pregón de Antonio Rodríguez Almodovar entre as Bibliotecas de España.

  • No pdf podes ler o pregón.

  • Guía de lectura homenaxe Ana María Matute

22/10/19

"Na lectura hai que potenciar os gustos de cada un"


OURENSE / LA VOZ 
 Entrevista: Isabel Mociño. 
A coordinadora do Ciclo de literatura Infantil e Xuvenil do campus é mestra na Facultade de Ciencias da Educación.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2019/10/22/
Isabel Mociño (Sarreaus, 1974) coordina por quinto ano consecutivo o Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil, que se leva a cabo na Facultade de Ciencias da Educación do campus e afronta a súa terceira sesión trala presencia de María Solar e Fran Alonso. Agora, o turno será para o ilustrador Jacobo Fernández.
-Se é o quinto ano, enténdese a que a experiencia do ciclo de literatura está sendo boa.
-En principio a idea foi ofrecer unha actividade complementaria ó noso alumnado, como é asistir a presentacións de autores. En Ourense hainas a veces nalgunhas librerías, pero de forma puntual. Así que vimos que había unha posibilidade de mellora con actos específicos en facultades como a nosa.
Custa chegar ás novas xeracións só a través do texto?
-Un dos problemas que presenta a lectura é que supón un esforzo. Para activalo hai que traballar isto desde ben pequenos. No caso dos bebés, hai que familiarizalos cos libros a nivel sensorial. Teñen que aprender cos cincos sentidos. Se lles das un dispositivo electrónico como unha tablet só ven algo plano. E en Infantil, por exemplo, non vexo ben que ós nenos sempre lles poñan os mesmos libros a todos. Na lectura, hai que potenciar os gustos e preferencias de cada un.

-Algúns dos seus alumnos fai uso do que ve neste ciclo?
-Hai casos de xente que está experimentando con aplicacións de imaxe e texto. E poden descubrir a outros autores dos que non tiñan nin idea. E que pase isto na sociedade da información na que vivimos na actualidade é bastante peculiar.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2019/10/22/

17/10/19

Semana Mundial AMI 2019


A UNESCO propón a celebración da Semana Mundial AMI 2019 baixo o lema CIDADANÍA AMI: INFORMADA, COMPROMETIDA, EMPODERADA como un medio para visibilizar as experiencias en materia de educación nas linguaxes dos diferentes medios de comunicación, nun contexto de alfabetizacións múltiples e coa intención de formar ao alumnado como consumidores pero, especialmente, como produtores de información a través dos diversos medios de comunicación: prensa, radio, televisión, vídeo, fotografía, audio, produtos transmedia, internet...  

Toda a cidadanía europea ten dereito á alfabetización. Os estados membros da UE deben asegurar que os cidadáns de todas as idades, independentemente da súa clase social, relixión, etnia ou sexo, contan cos recursos e oportunidades necesarios para desenvolver un nivel de alfabetización suficiente e sostible a fin de comprender e utilizar con eficacia a comunicación escrita, tanto en medios impresos como dixitais. (Declaración ELINET sobre Dereito á Alfabetización)




11/10/19

Palabras con memoria: interesante iniciativa



PALABRAS CON MEMORIA é unha iniciativa da AELG que ten por obxecto recuperar palabras nosas en desuso, ou sexa, en perigo de extinción. E tamén palabras e expresións que non recollen os dicionarios. A persoa que visita esta sección da web, ademais de consultar o glosario mensualmente actualizado pendurado nela, poderá enriquecelo enviando os vocábulos que teña arrombados no faio da lembranza ao enderezo palabra.con.memoria@aelg.org ou enchendo este formulario. Se algunha palabra enviada non aparece na listaxe é que foi localizada nalgún dicionario.
https://www.aelg.gal/palabras-con-memoria

Convivencia, seguridade, redes sociais... A necesaria forrmación permanente




 Un curso máis, acollémonos ó Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos. Unha achega máis con todo o que ten que ver coa construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria, etc.


Este é un Plan, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, que nos ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias).
Nas xornadas deste mércores, 9 e xoves, 10 de outubro, estiveron dous axentes expertos nestas temáticas da garda civil impartindo as charlas ó alumnado de 5º de primaria. O xoves pola noite tivemos a oportunidade de participar tamén toda a comunidade educativa, que así o desexou (e foi máis ben pouca) na organizada na casa de cultura e impartida pola UNED. 

10/10/19

Día mundial da saúde mental

"Misión# PlasticFree"


CONCURSO ESCOLAR para o alumnado de 3º- 4º (Cat. A) 

e 5º - 6º de primaria (Cat. B).

        Deseñar a imaxe e o lema inspirador para a bolsa sustentable de Leroy Merlín.

Porque España é o 2º país en Europa que máis plástico verte no Mediterráneo; porque o plástico ten compoñentes que o planeta non pode dixerir... Velaquí a oportunidade de participar na "Misión #PlasticFree" .  
@voz natura

Máis información (inscripción, datas, como participar, criterios de avaliación...) neste enlace

Takoneando entre libros


Homenaxe á lectura, á escritura, ós soños...
E palabras moi duras para a escola, mellor dito para @s que na escola non facemos o que debemos  Jordi Sierra i Fabra dice:“Mi escuela fue mi gran trauma, era el bufón de la clase..."

9/10/19

Contacontos o venres á noitiña en Vilar de Santos


Charla: Intenet, redes sociais, uso responsable...


"Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía"

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, seguindo a súa dinámica de difusión das posibilidades que ofrece a biblioteca escolar ao conxunto da comunidade educativa, dá a coñecer o lema que propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía". Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar. 

Intervir na biblioteca escolar (nos seus espazos, nos seus tempos, nos seus recursos e actividades) ten consecuencias para o alumnado e para a comunidade educativa. Das características e dos enfoques desa intervención dependen os usos e as oportunidades que a biblioteca pode ofrecer. Cómpre unha reflexión sobre a distribución dos espazos, a organización dos tempos, a selección dos recursos e, moi especialmente, sobre o enfoque das actividades, co fin de que a biblioteca escolar poida facilitar o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento, o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación, a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal, para unha participación activa nunha sociedade máis xusta e igualitaria.

Nada disto é doado nin se consegue nun curso escolar. Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas. 

A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta. 

7/10/19

Biblioteca creativa: robótica e impresión 3D

O noso Ceip, un dos oito da provincia de Ourense, que estará no apartado de Centros de continuidade coa asignación de 1120 € para robótica e impresión 3D.


O Portal Educativo publica a Resolución de 3 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se relacionan os centros de nova incorporación ao programa BIBLIOTECA CREATIVA para o curso 2019/2020, unha ver resolta a convocatoria publicada con data de 3 de setembro de 2019. Tamén se detallan os centros  integrados en convocatorias anteriores  e que solicitaron continuidade. Desta forma, aparecen incluídos neste programa un total de 79 centros con alumnado de ensino infantil e primaria e pertencentes ao Plan de mellora de bibliotecas escolares no actual curso 2019/2020 . 
TEXTO DA RESOLUCIÓN

6/10/19

X Abraço ao Rio Lima


Os días 1 e 2 de outubro conmemoramos o Día Nacional da Auga en Portugal. Con este motivo o  alumnado de 4º de Educación Primaria desplazouse ate  Ponte de Lima para darlle un gran abrazo ao noso Río Lima. Queremos agradecer á Cámara de Ponte de Lima e en especial á Area Protegida Das Lagoas toda a adicación que teñen con nós para que pasemos dous días de convivencia c@s nos@s compañeir@s das escolas de Ponte de Lima, especialmente coa EB1 de Ponte de Lima e o CE das Lagoas. Tamén temos que darlle as grazas ao Concello de Xinzo de Limia que pon todas as facilidades para que nós poidamos participar neste evento. Este ano, especialmente, agradecer a presenza da nosa alcaldesa, Elvira Lama, que compartiu con nós todo o primeiro día do Abraço, dando un valor especial coa súa presenza institucional a estas xornadas de irmanamento. 
E por último, destacar o compromiso nas nosas mestras Pepa, Manolita, Trini e Alicia, que co seu compromiso máis alá de horarios fan posible que o noso alumnado participe en actividades coma estas. Grazas compañeiras!!!

4/10/19

Concurso de creación literaria: "A PATACA, A LIMIA E TI"

Iniciativa do Concello de Vilar de Barrio en colaboración cos centros educativos da Comarca da Limia para promover a creación literaria no ámbito escolar. Actividade enmarcada dentro da celebración da FESTA DA PATACA.

TEMA: A pataca

BASES
1.-PARTICIPANTES
Alumnado dos centros de ensino da comarca da Limia de forma individual ou en grupo.
2.-CATEGORÍAS
1. De 4º a 6º de Primaria
2. 1º e 2º da ESO
3.-FORMATO
Serán traballos inéditos en prosa, en verso ou cómic en lingua galega, escritos a man ou ordenador que poderán ter un debuxo ou ilustración, como complemento ou integrado no texto.
Tamaño: un folio A4 por unha cara.
Todas as composicións deberán ir encabezadas por un título.
4.-PRESENTACIÓN
O alumnado entregará o traballo ó profesor/a identificado pola parte de atrás cun pseudónimo e un sobre pechado que levará por fóra o pseudónimo e dentro os seguintes datos : nome e apelidos, curso e centro educativo.
Os traballos orixinais e os sobres (ambos unidos cun clip) entregaranse na dirección do centro, onde serán custodiados ata que sexan recollidos.
5.- PRAZO
Data límite o 7 de outubro
6.-XURADO
Unha comisión nomeada polo Concello.
7.-PREMIOS
O premio, para todos os participantes, consistirá nun libro que o Concello editará posteriormente, no que se recollerán todos os traballos.
Haberá unha mención especial para os tres primeiros de cada categoría
8.-FALLO DO XURADO
O fallo do xurado farase público o 13 de outubro pola tarde durante os actos de
conmemoración da festa da pataca.
9.- DIFUSIÓN
A participación neste certame implica a aceptación das bases e o consentimento para a
publicación das obras nun libro que editará o Concello.

3/10/19

"Paramos para non parar. Calamos para que se nos oia mellor."

http://www.cdroviso.org/

MANIFESTO PARO ESPAÑA BALEIRADA
 4 OUTUBRO 2019. 12.00h

Fai seis meses na rúas de Madrid, en festiva marcha reivindicativa compartida con miles de cidadáns chegados de tantos pobos e cidades da España interior, desa España rural, lenta e silenciosamente baleirada. Hoxe, aquí, na praza do pobo ou ás portas do Concello ou ao pé mesmo do noso lugar de traballo, volvemos xuntarnos de novo, non para unir a nosa voz airada e firme senón o noso silencio, o silencio das galegas e galegos que, xunto ao silencio de miles de cidadáns en máis de vinte e tres provincias españolas, debe resoar como un eco sereno e claro no aire limpo de España.

Goberno de España, Goberno de Galicia, institucións públicas e axentes sociais da provincia de Ourense, escoitade o noso silencio que é portador dunha mensaxe cargada á vez de desazón e de esperanza: Queremos un verdadeiro Pacto de Estado contra o despoboamento, contra a desvertebración territorial de España e contra a crecente desigualdade de oportunidades entre cidadáns españois! O momento das boas intencións, das promesas inútiles, das accións que só viven no papel quedou definitivamente atrás. Agora correspóndelle ao Goberno de España e aos Gobernos Autonómicos deseñar e desenvolver unha verdadeira estratexia a favor da España Baleirada con actuacións ben definidas, con orzamentos suficientes e prazos ben marcados e a salvo dos vaivéns políticos de carácter partidista.

 Paramos para non parar. Calamos para que se nos oia mellor. Facemos nosas as palabras do poeta Antonio Machado: nós somos a voz da España da rabia e da idea. Somos a rabia serena dunha España baleirada, que se desangra ante o esquecemento e a indiferenza dos que debesen ser os seus principais valedores. Pero somos tamén a idea dunha España viva, esencial, de alma inconformista e brava que, farta de promesas incumpridas, pide a palabra e quere ser escoitada. Somos a aciñeira que abriga o abatido páramo, o carballo que non retrocede, o chopo que verdea as amables ribeiras, o piñeiral interminable que non maldí do silencio, somos, amigo Antonio, como o teu vello olmo crebado polo raio que ve renacer a esperanza dunha póla verdecida.

                       VIVA A REVOLTA DA ESPAÑA BALEIRADA!

27/9/19

Venres 27: Parón no recreo cos cartaces




Nesta semana polo clima tivemos para este día un parón, para amosar os nosos traballos de concienciación sobre esta temática. Na xornada do xoves preparamos uns cartaces que amosan a nosa preocupación pola saúde da Terra. Atallar a actual situación de emerxencia converteuse nesta semana nun contido a traballar todos os días sabendo que é unha materia non só do alumnado e profesorado... É de toda a sociedade. 
Porque o planeta está sufrindo un dano (irreparable?) e as consecuencias poden ser letais.  Así que nos comprometemos a coidar o planeta implicando tamén ás nosas familias e veciñ@s (mantendo limpo o noso medio-equipos de supervisión ambinetal-, facendo un consumo responsable -sobrealmorzos que tenden a residuos cero-  e apostando por unha mobilidade sostible )  porque neste reto tod@s somos necesarios. @voz natura

"Pupas, sustos e outros desgustos"

   Este semana tivemos no Ceip un equipo de profesionais de enfermería pertencentes á Xerencia Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras que están levando a cabo un proxecto de primeiros auxilios destinado ás crianzas de 3º e 4º de primaria. 
   O proxecto consiste na realización dun obradoiro maioritariamente práctico para aprendermos a través do xogo e a colaboración a actuar ante determinadas situacións que poidan afectar á nosa saúde e á das persoas da nosa contorna.
   Antes e despois do obradoiro cada participante cumplimenta un cuestionario anónimo de cinco preguntas, o mesmo; temos así unha avaliación inicial e final. Ademais pásase outro cuestinario para valorarmos a satisfacción coa actividades desenvolvida.
   Resultou moi interesante (xa se viu ó longo do mesmo), moi proveitoso (eles mesmos desequida se deron conta ó pasarlles o cuestionario por segunda vez dos erro que cometeran)  así que parabéns e grazas ó equipo.

Aquí unha mostra con imaxes do desenvemento da actividade



26/9/19

A resolución do Plambe dota a nosa BE con 1.250 €


O DOG do 24 de setembro publica a Orde de 10 de setembro de 2019 pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios, de titularidade desta consellería, para o curso 2019/20.  
O documento conta de catro anexos, segundo os diversos apartados contemplados na convocatoria inicial:
  • Anexo I: Centros integrados no PLAMBE en convocatorias de 2005 a 2010, e de convocatorias de 2014 a 2017, que reciben asignacións para ampliar e renovar os fondos da colección.
  • Anexo II: Centros integrados no PLAMBE nas convocatorias de 2011 a 2013, que reciben, igualmente,  asignacións para renovar os fondos.  Neste caso tamén reciben asignación para renovar e ampliar mobiliario e equipamento imprescindible para o funcionamento da biblioteca como centro creativo de aprendizaxes.
  • Anexo III:Centros integrados no PLAMBE na convocatoria 2018, que reciben asignación para fondos, mobiliario/equipamento e gastos de funcionamento da biblioteca escolar.
  • Anexo IV: Centros públicos que se incorporan ao Plan de mellora de bibliotecas nesta última convocatoria de 2019 e que igualmente reciben asignación para fondos, mobiliario/equipamento e gastos de funcionamento da biblioteca escolar.