20/9/19
Semana polo Clima
O colectivo "Teachers For Future Spain" (mestras e mestres preocupados pola crise climática que queremos cambiar as cousas) súmase á mobilización polo clima prevista do 20 ó 27 de setembro, cunha proposta de accións concertadas cos colectivos "Madres por el Clima" e "Families For Future BCN". @voznatura
Cinco portavoces de Fridays For Future de distintos puntos da Galiza apresentaron en rolda de prensa o calendario de movilizacións da folga global polo clima, convocada para o 27 de setembro. Este movemento de xente nova preocupada polo clima —iniciado por Greta Thunberg na Suecia— e que conta con implantación en distintas comarcas do País, recentemente decidiu sumarse á construcción dunha plataforma con outras organizacións e colectivos que “levan décadas traballando polo mesmo e cuxa presenza é necesaria”, comenta unha das portavoces. Desta ampliación xurdiu a plataforma Movemento Galego polo Clima que se apresentou o 18 de setembro na compostelana libraría Couceiro.
19/9/19
Por que é bo que as crianzas xoguen ó xadrez
Interesante artigo de la Vanguardia. Pinchar no enlace
Unha das moitas actividades ofertadas pola A.N.P.A
Semana Europea da Mobilidade: día sen coches
Manual
A SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE celébrase cada ano entre o 16 e o 22 de setembro.
Esta iniciativa europea anima a introducir e promover medidas de transporte sostible e invitar á ciudadanía a probar
alternativas ó uso del automóvil.
A Comisión Europea ten establecido dous ambiciosos obxectivos para a mobilidade urbana:
eliminar os coches de combustibles convencionais nas cidades para
2050 e avanzar cara unha loxística urbana sen emisións nos principais centros
urbanos para 2030.
En 2018 a campaña superou o récord de participación: 2792 cidades
de 54 países organizaron actividades durante a semana.
Máis da metade das cidades participantes implantaron medidas permanentes
que ascendían a un total de 8848, centradas principalmente na xestión da
mobilidade, a accesibilidade e unhas instalacións para bicicletas novas ou melloradas.
A semana culmina no Día sen Coches, no que as cidades participantes
dedican unha ou varias zonas exclusivamente ós peóns, os ciclistas e o transporte público durante un día completo. En 2018, celebraron o Día sen Coches
1153 cidades.
@voznatura
@voznatura
15/9/19
EQUIPOS DE “SUPERVISIÓN AMBIENTAL”
1.
Están constituídas polo alumnado de
primaria do Centro. Son grupos dunhas 4 persoas, aproximadamante, que irán
rotando.
2.
Pretenden manter un “bo clima” entre o
alumnado, fomentar e educar no coidado do entorno.
3.
Os luns,
mércores e venres -só no primeiro recreo- levarán un distintivo (chaleco e
gorra), un recolledor e unha escoba e coidarán que toda a comunidade educativa
que transite polo centro teña un bo comportamento cívico (convivencia pacífica:
somos conscientes dos nosos dereitos e deberes). Non se dedican a recoller o
que outros tiran: facemos unha labor de concienciación, de conservación e
mellora do entorno. Coidan que o noso espazo, si, estea limpo e se alguén tira
lixo ó chan, amablemente indícaselle que ese comportamento non é axeitado, que
o recolla e onde debe gardalo (se lle caeu, sen darse conta) ou tiralo
(papeleiras, contedores diferentes...). Se o alumn@ non lle fai caso ós membros
da patrulla, inmediatamente avísase ó profesorado que está de garda nese espazo
do patio. Antes de volver deixar os recolledores en recepción deben baleirarse
nos contedores que temos no patio do centro (porta principal automática).
4.
Os martes
e xoves coidamos as plantas, árbores e a nosa horta no cole. Regar,
recoller folla para os composteiros, plantar… Os Animais. E a “eficiencia
enerxética”:luces, auga, portas/calefacción.
5.
Todos os titor@s debemos estar atentos á
semana que nos toca facelo. E pedir e/ou pasarlle a “planta” á aula seguinte. Moitas
grazas
CALENDARIO CURSO 2019/20
______________________________________________
6º B 16 a 20 de setembro
- 8 a 10 de xaneiro -
27 a 30 de abril
6º A 23 a 27 de
setembro - 13 a 17 de xaneiro - 4
a 8 de maio
5º B 30 set.a 4 de
outubro - 20 a 24 de xaneiro – 11 a 15 de maio
5º A 7 a 11 de outubro
- 27 a 31 de xaneiro - 18
a 22 de maio
4º C 14 a 17 de
outubro - 3 a 7 de febreiro - 25 a 29 de maio
4º B 21 a 25
de outubro - 10 a 14 de febreiro – 1 a 5 de xuño
4º A 28 a 30 de outubro - 17 a
21 febreiro – 8 a 12 de xuño
3º C 4 a 8 de novembro
- 2 a 6 de marzo – 15 a 18 de
xuño
3º B 11 a 15 de novembro
- 9 a 13 de marzo
3º A
18 a 22 de novembro - 16 a
20 de marzo
2º B 25 a 29 de novembro - 23
a 27 de marzo
2º A 2 a 5 de decembro
- 3o de marzo a 3 de abril
1º B 9 a 13 de decembro
- 14 a 17 de abril
1º A 16 a 20 de decembro - 20 a
24 de abril
Nota informativa: Comparativa aulas (polo lixo que se xenera: inclúe o
envoltorio sobrealmorzo) con premio para a que menos lixo xenere. Materiais
alternativos: envoltorio con panos de tela de algodón, cera de abella e aceite
de jojoba (antibacteriano), cantimplora ou recipientes reutilizables, etc
@voz natura
@voz natura
12/9/19
Datas voz natura: setembro
16: Día Internacional da preservación da capa de ozono
22: Día mundial sen coches
27: Día marítimo mundial
@voznatura
9/9/19
Yilliqiya ou Galisiya, o Reino de Galicia nas fontes árabes
Yilliqiya ou Galisiya. Así aludían ao Reino de Galiza as fontes árabes, que achegan unha información que impugna o relato da historiografía españolista e que pon sobre a mesa a súa importancia. Ibn Jaldun, o historiador árabe por antonomasia, dedica no século XV un capítulo da súa obra a elaborar toda unha historia dos Reis de Galiza. Velaquí un extracto do recollido no semanario Sermos Galiza 256.
https://www.sermosgaliza.gal/articulo/memoria/yilliqiya-galisiya-reino-galiza-nas-fontes-arabes
As crónicas árabes son unha fonte de primeira orde para o coñecemento, a recuperación e a rectificación da historia do Reino de Galiza. Só Ana María Carballeira Debasa, no seu libro Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales, certifica a existencia de perto de cincuenta autores que entre o 711 e o século XV se teñen ocupado do Reino de Galiza. Destacan entre eles o cordobés Ibn Hayyan, se cadra o máis importante dos historiadores do medievo peninsular, o xeógrafo onubense Al-Bakri, o ceutí Al-Idrisi e o mesmo Ibn Jaldun, o historiador árabe por antonomasia que no século XV dedica un capítulo da súa obra a elaborar toda unha historia dos Reis de Galiza. As fontes árabes, ao igual que acontece coas francas, escandinavas ou as vaticanas, coetáneas da Galiza medieval, achegan unha información que impugna o relato da historiografía españolista e permite que aboie na súa realidade e tamén na súa importancia o Reino de Galiza.
Coñecían o Reino de Galiza como Yilliqiya ou Galisiya, situando entre as súas cidades máis importantes Santiago de Compostela e Lugo, pero tamén Oviedo, León, Zamora, Astorga, Salamanca ou Coimbra polo sur. O contorno xeográfico do territorio que os musulmáns recoñecían como Galiza era moito máis amplo que o actual, estendéndose por toda a parte noroeste da Península e incluíndo a marxe das terras da Galiza actual, Asturias, Portugal, León e a Castela citerior. Segundo indicaba o profesor Francisco Rodríguez nun recente artigo sobre o tema, publicado no dixital Terra e Tempo, “Galiza aparece como unha realidade xeográfica, social, económica, cultural e política, abranguendo maior ou menor extensión segundo o momento, sendo sempre o espazo central e nuclear a Galiza de Ortegal ao Douro, moi definida, contundente e tan importante como para os musulmáns identificar a parte cristiá da península prioritariamente con esa denominación (Yilliqyia, Galisiya)”.
Así Un Al-Istajri, un autor do século IX, marca as fronteiras do Reino de Galiza nas cidades de Mérida, Guadalaxara, Cáceres e Toledo, situando como cidades principais Zamora e Oviedo. Por exemplo, no século XI, AlBakri, recoñece como parte do Reino de Galiza, entre outros territorios Asturias, cuxo nome procede do Río Astur, León e a Castela ulterior e a Castela citerior, citando entre as prazas fortes da mesma a Grañón, Alcocero, Amaya e o propio Burgos.
6/9/19
Sobre o cambio climático (moi interesante)
CAMBIO CLIMÁTICO
El polvo de hadas de la Amazonia
El investigador del Instituto Nacional de Pesquisas da Amazonia (INPA), Antonio Nobre, desvela los cinco secretos del bosque amazónico y alerta sobre el peligro de su deforestación
2/9/19
27/6/19
Así queda a horta
Coas noites tan frías nesta pasada primavera e algúns días con elevadas temperaturas (6º C e ata 35º C o 29 e 30 de maio) na nosa horta escolar pouco medraron as tomateiras, pementeiras, etc.
Con todo, aquí deixamos unhas fotos deste espazo no que tan bós momentos pasamos; mesmo empregamos as ocas para limpar de herbas este recuncho.
Bo verán para tod@s!!!
E tempo de novas acollidas

Nesta última semana de xuño, o mércores 26, Sonia e Diana, compañeiras de ed. infantil tiveron unha xuntanza, na biblioteca, coas familias dos nen@s que se van incorporar o vindeiro curso.
É esta unha reunión moi importante e tamén o facela xa en xuño porque a incorporación á escola conleva uns cambios que convén ir traballando con tempo e sempre coa participación das familias.
Por isto se puxeron enriba da mesa unha manchea de actividades que podemos ir facendo para favorecer a adaptación á escola.
Pero tamén se reflexionou sobre o período de adaptación: concepto, obxectivos, organización e recomendacións.
Explicáronse os criterios de división do alumnado e finalmente fíxose un percorrido temporal a modo de exemplo dun día na aula de tres anos; as rutinas e distintos momentos que se dan nunha xornada desde a súa chegada ó Ceip ata que volven para a casa.
Moitas grazas a tod@s pola participación
24/6/19
Tempo de despedidas ... e de Festival !!!
Remata un curso máis e todo o noso alumnado entrega o máximo enriba do escenario. Pista polideportiva chea de familiares para ver as grandes actuacións de todos os grupos. Temos que pedir desculpas polas incomidades propias de estar tanta xente xunta, pero que saibades que todo se organiza da mellor maneira posible para que poidamos desfrutar dest@s grandes artistas.
Recoñecer tamén todo o traballo do profesorado do centro que se implica tanto en estas actividades para acadar estes resultados tan espectaculares.
Remata o curso 2018 - 2019.... Desfrutade do verán.... ler moito .... xogar máis ... e procurade ser moi moi felices!! Vémonos pronto!!
23/6/19
O programa PROA chega ao seu fin!!
Rematamos por este curso escolar o Programa de Orientación e Acompañamento Escolar (PROA) que, dentro da actuación do proxecto dos Programa Contrato da Consellería de Educacón, Universidade e Formación Profesional, brindou un ano máis ao noso alumnado a posibilidade de recibir un reforzo educativo importante nas estratexias, ferramentas e técnicas de estudo nas áreas troncais dos distintos cursos de Primaria.
Acabamos este curso cunha xornada lúdica, onde os xogos tiveron un rol fundamental e tamén fixeron entrega de materiais e diplomas conmemorativos.
Moitas grazas ao profesorado do centro implicado, en especial á noxa orientadora Rita Reza polo seu labor de coordinación, e especialmente a Antía Pousa Bello, a docente deste curso, pola súa implicación total e compromiso absoluto con este proxecto e sobre todo co seu alumnado.... Esperamos contar contigo pronto de novo no noso cole!!
17/6/19
Ti e máis eu. Celso E. Ferreiro e a Banda da Loba
Música, poesía, diversidade, rapazada, lingua de signos...
TI E MAIS EU Celso Emilio Ferreiro
(Non falemos dos bobos
que tódolo adeprenden nos libros.
Non falemos dos parvos
con cara de domingo;
nin dos sapientes memos,
nin dos túzaros listos,
nin do eterno mal gusto
dos probes novos ricos).
Falemos de ti e min
xa que vivimos.
Ti i eu nos ventos
e nos solsticios.
Ti i eu nos bosques
e nos ríos.
Ti i eu, historia
de corpos nidios.
Ti i eu, saudade
de árbores íntimos.
Ti i eu sin tempo
polo tempo imos.
Ti i eu cantando,
chorando e rindo.
biblioteca escolar
biblioteca creativa,
Celso Emilio Ferreiro,
galego,
música,
poesía
13/6/19
12/6/19
O Ceip Rosalía na Voz de Galicia
Los fondos del proyecto Voz Natura sirvieron a dos
profesores del colegio Rosalía de Castro, Antonio Corbal y José Manuel García,
directos del colegio, para llevar adelante una innovadora idea para que los
pequeños del centro pudieran conocer en vivo y en directo el nacimiento y
crecimiento de aves dentro del recinto educativo.
Hace escasos días ambos docentes instalaron en un
espacio antaño ocupado por un depósito de gas propano un aula de la naturaleza
con varios tipos de aves. «Contábamos con una zona desocupada tras retirar ese
depósito y decidimos que podíamos colocar allí dos casetas para aves. El coste
del proyecto fue muy pequeño. Tan solo tuvimos que reparar dos viejas casetas
que estaban bastante envejecidas pero que podían servirnos. Con la colaboración
de personas del Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, las reparamos y las
instalamos hace algunos días». Y añadió: «Colocamos una red encima de la
instalación para proteger a los animales del posible ataque de gatos o de otros
animales por la noche».
El minizoo cuenta con unas ocas, un faisán y varios
pollos nacidos en el propio centro. «El año pasado instalamos ya una incubadora
para que pudieran nacer los pollitos, que andan por el espacio y que pueden ser
contemplados por los pequeños. De hecho, los escolares colaboran en la limpieza
y el correcto mantenimiento de las pajareras», afirmó García. Durante los
últimos tiempos, de hecho, «hemos organizado una pequeña brigada de limpieza de
esa zona para mantenerla en perfecto estado».
El objetivo de la propuesta es que los escolares sean
conscientes de la necesidad del respeto al medio ambiente y que contemplen por
sí mismos el respeto a la vida y a los animales. «Es una iniciativa dentro del
programa de Ciencias Naturales que decidimos poner en marcha», revela el
director del centro. Lo que comenzó como una iniciativa escolar ha calado entre
los vecinos de la zona. «Hay lugareños que pasan por el camino de al lado del
centro y se quedan contemplando a los animales», asevera el director.
La instalación cuenta con un aparato que permite a los
alumnos contemplar la evolución del feto de los pollos dentro de los huevos de
las gallinas. «Es muy útil sobre todo para que los más pequeños puedan
contemplar cómo evoluciona una vida animal», señala el docente
La asociación de padres de alumnos del colegio está
entusiasmada con la iniciativa. Fuentes del AMPA aseguraron que: «La idea de la
incubadora fue muy buena y ahora se ha completado con estas casetas. Los niños
están encantados con la iniciativa, que nos parece muy positiva. Pensamos que
es una propuesta muy brillante por parte de los docentes que la organizaron y
que tienen todo nuestro apoyo para ideas tan buenas como esta».
Este colegio se ha destacado en los últimos años por
poner en marcha diferentes iniciativas de sensibilización cultural, social y de
respeto al medio ambiente entre los escolares del Rosalía de Castro.
Voz Natura es un programa de La Voz de Galicia,
desarrollado por la Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.
7/6/19
IX Abrazo ó río Lim(i)a
IX Abrazo Xinzo 2019
Un curso máis celebramos alumnado e profesorado de 4º de primaria dos Ceips Carlos Casares e Rosalía de Castro cos nosos compañeir@s de Ponte de Lima o abrazo deste curso en Xinzo; a comezo de curso fixerámolo en Ponte de Lima.
O programa foi o mesmo das últimas edicións: recibimento e acto institucional na praza Carlos Casares e na Casa de Cultura, abrazo, xantar, visita ó Museo do entroido, saída ata o Monte Talariño (Paradiña, Sarreaus) ó nacemento do río Limia e peche da Xornada en Allariz, no festival de Xardíns.
6/6/19
Apagamos a incubadora
O día 5 de abril puxeramos en marcha a incubadora que temos no Centro; cada día fomos metendo ovos de kikas, galiñas de varias razas, pato mudo, pato indio, faisán, oca, galiña de Guinea, perdiz e pavo real. Non nos naceu ningún exemplar de pato mudo, de galiñola ou pita de Guinea e de pavo real; si de todo o demais.
Consideramos así e todo que tivemos unha tasa grande de nacementos, algunha baixa e gozamos deste proceso que ocorre dentro do ovo e que temos recreado con fotos colocadas na incubadora día a día. Aquí poñemos un vídeo con ese mesmo proceso.
O luns 3 de xuño baixamos os últimos ovos das bandexas á espera de que nazan nos próximos 2 ou 3 días. E o 6 (dous meses despois da posta en marcha) apagamos e limpamos/desinfectamos a parte de abaixo da incubadora.
Moitos dos que naceron (máis de 50) xa os foron levando o alumnado, profesorado... Outros baixámolos para o espazo que habilitamos no patio, no recuncho que antes ocupaba o depósito de gas; os máis noviños aínda seguen dentro.
Viaxe fin de curso a Asturias
Catro días de aventura, vistas e convivencia. Oviedo, Colombres, Carbárceno, o MUJA, .... e tantas e tantas cousas vividas.... Un recordo imborrable !!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













